O Alcalde inaugura a nova iluminación exterior do campo municipal de fútbol de A Pinguela

Monforte de Lemos, 20 de outubro de 2021. As  8 da tarde de hoxe mércores día 20 de outubro, o Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, procedeu ó acendido oficial da iluminación exterior do Campo Municipal de Fútbol da Pinguela e das pistas de atletismo Saleta Fernández López,, logo de rematar as obras de mellora da súa instalación eléctrica.

No acto, o Alcalde estivo acompañado pola 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada, e os concelleiros de Deportes, José Manuel Mougán, Cultura, Marina Doutón, Medio Ambiente, Miguel Tomé, Consumo, Regina López, así como o concelleiro do BNG, Emilio Sánchez. Ademais, tamén participaron do acto inaugural o técnico de Deportes, Óscar Rodríguez, e representantes da empresa que se encargou de executar esta importante obra de mellora.

A continuación, disputouse o primeiro partido nocturno, un amigable que enfrontou ó Club Lemos co C.D. Barco, equipo que milita no grupo 1º da Terceira división de fútbol e que a día de hoxe ocupa os primeiros postas na táboa clasificatoria.

 

Mellora da iluminación do Campo da Pinguela

O Concello de Monforte investiu un total de 60.001,87 € nunha obra que levou a cabo a empresa Sicyme S.L.L. e que consistiu, por unha banda, en dotar á instalación de subministro eléctrico propio, para o que foi necesario adaptar e reformar a instalación eléctrica existente, e por outra na instalación dunha iluminación exterior que proporcione os niveis necesarios para a práctica deportiva nocturna.

As actuacións que se levaron a cabo foron as seguintes:

  • Renovación de todo o cableado existente na instalación para adecualo á normativa actual incluíndo as novas canalizacións necesarias.
  • Instalación de catro torres de alumeado con catro focos de 800 W cada unha, de tecnoloxía LED de alta eficiencia.
  • Instalación dun SAI (sistema de alimentación ininterrompida) de 10 KVAS.
  • Solicitude de aprobación e posta en marcha ás autoridades competentes.

A instalación de alumeado exterior ten unha potencia de 12.800 W (16 focos de 800 W c/u) que permite un nivel de iluminación medio de 145 lux.

José Tomé Roca destaca que “grazas a esta obra de mellora, que permitirá legalizar a instalación, a partir de hoxe xa se poderán disputar partidos de noite, cousa que ata o de agora non era posible, para o disfrute de todos os monfortinos e monfortinas”.