Teatro en Monforte este xoves 2 coa obra Insubmisión, da compañía Teatro do Andamio

Monforte de Lemos, 30 de novembro de 2021. A programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios continua en Monforte de Lemos este xoves 2 de decembro ás 20:15 horas no Edificio Multiusos coa posta en escena da quinta obra correspondente a este ciclo, Insubmisión a cargo da compañía Teatro do Andamio.

A obra está interpretada por Gema Ulloa e Fran Giraldo, escrita por Rosa Molero e dirixida por Tatiana Likhacheva.

Cabe destacar que este espectáculo foi Premio Nacional de Teatro “Castelló a escena 2006”.

O prezo da entrada xeral para esta obra é de cinco euros e tres para desempregados, xubilados e estudantes, sendo o aforo limitado seguindo a normativa sanitaria no momento da realización do espectáculo.

A venta de entradas farase dende unha hora antes da actuación ás 19:15 h e a entrada o salón de actos realizarase ás 20:00 h.

 

Sinopse

Insumisión fala da violencia que se xera no ámbito familiar, e que o fai dende o epicentro do conflito: a intimidade da parella.

 

O texto conta a historia partindo de dúas premisas. A primeira é que a violencia non aparece explicitamente no texto. Trátase dunha violencia suxerida, subxacente... A tensión dramática crece ao redor desa violencia contida, pero que non estala sobre o escenario.

A segunda é que Insumisión non só se articula sobre a dor senón tamén sobre a esperanza, prantexando unha rebelión ante os fíos que nos atan a unha vida desgarrada. Hai saída; é posible facer as maletas é pechar a porta.