Monforte de Lemos, 3 de decembro de 2021. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, asistiu este venres en Santiago de Compostela ó acto de investidura de María Emilia Casas Baamonde como Doutora Honoris Causa pola Universidade de Santiago de Compostela.
O reitor da USC, Antonio López, foi o encargado de presidir este acto solemne ao que acudiron representantes do mundo académico e institucional.
María Emilia Casas, nacida en Monforte de Lemos, é catedrática de Dereito do Traballo e da Seguridade Social pola Universidade Complutense de Madrid e foi a primeira muller á fronte do Tribunal Constitucional entre os anos 2004 e 2011.
Así mesmo, esta maxistrada formou parte da Comisión Xestora e foi vicerreitora de Relacións Institucionais da Universidade Carlos III de Madrid, do Consello do Instituto Internacional de Ciencias Políticas e do de Dereitos Humanos Bartolomeu das Casas.