Monforte de Lemos, 17 de decembro de 2021. O Concello de Monforte deu a coñecer os gañadores do Concurso de Beléns dirixido ós centros educativos de Monforte, convocado dentro das actividades de Nadal deste ano 2021.
O xurado calificador do concurso, presidido pola Concelleira de Cultura, Marina Doutón, visitou os beléns participantes onte xoves 16 de decembro, e o resultado das súas valoracións foi o seguinte:
- 1º premio Colexio Infanta Elena: 100 euros
- 1º premio CEIP Monforte: 100 euros
- 2º premio Colexio PP. Escolapios: 80 euros
- 2º premio Colexio A Gándara: 80 euros
- 3º premio Xacas Soc. Coop. Galega –Gardería Infantil: 50 euros
- 3º premio Escola de Idiomas: 50 euros