Monforte de Lemos, 10 de febreiro de 2022. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, anuncia para mañá un corte na rede de subministro de auga na rúa Chantada, co obxecto de levar a cabo actuacións programadas dende o Equipo de Goberno para a mellora da rede de abastecemento municipal de auga en dita rúa.
A tal efecto, o corte na rede de auga para o desenvolvemento destas actuacións producirase entre as 9:30 e as 12:00 horas de mañá venres día 11 de febreiro, co obxecto substituír a tubería provisional que foi instalada co inicio das obras de mellora no seaneamento, pola tubería definitiva, a cal será conectada a rede de abastecemento.
Deste xeito, levarase a cabo o corte de auga na rúa Chantada, so na súa marxe esquerda, entre a rotonda do Hórreo e o tanatorio, e agardando que arredor das 12 horas poida ser restablecido o servizo.
“Dende o Concello, seguimos traballando na mellora da rede de abastecemento de auga da cidade, a fin de proporcionar ós nosos veciños e veciñas servizos de mellor calidade, para o que desenvolvemos, dentro do noso programa de mellora das infraestruturas do municipio”, sinala o Alcalde.