Monforte de Lemos, 16 de febreiro de 2022. Ante o acontecido polo naufraxio do buque pesqueiro Villa de Pitanxo nas augas de Terranova, o Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, en nome de todos os monfortinos e monfortinas, “manifesta o máis profundo e sentido pesar polo fatídico e tráxico naufraxio”.
A estes efectos, o Concello súmase á proposta da Xunta de Galicia de decretar o loito oficial, publicado no DOG de data 16 de febreiro de 2022.
Deste xeito, o Decreto asinado polo Alcalde declara tres días de loito oficial en todo o municipio dende as 00.00 horas de hoxe xoves 16 de febreiro e ata as 24 horas do venres día 18 de febreiro de 2022.
Asimesmo, nas sinaladas datas deberán ondear a media hasta as bandeiras oficiais en todos os centros e edificios públicos do Concello de Monforte de Lemos.
DECRETO_Loito_oficial_Concello_Monforte_naufraxio_16-02-2022.pdf