DÍA MUNDIAL SEN TABACO
Para conmemorar este día, que se celebra anualmente o 31 de Maio, e no noso afán de que cada vez haxa moitos máis días sen tabaco, unha das actividades da UNIDADE ASISTENCIAL DE DROGODEPENDENCIAS DE MONFORTE DE LEMOS, foi realizar unha exposición sobre o tabaquismo, e para iso contamos coa inestimable colaboración de:
• AECC.
• Afamón.
• Agora.
• Albores.
• Asimédica Virxe da Luz.
• Centro de día de Chantada.
• Centro de día de Monforte de Lemos.
• Centro de día de Pobra de Brollón.
• Centro de Maiores do Malecón.
• Domus VI Bóveda.
• Domus VI Chantada.
• Hogar de San José.
• Vida
Sen todos eles non sería posible, pois son os que plasmaron nos seus magníficos traballos todo o que nós queremos comunicar á poboación, que o mellor para a saúde, individual e colectiva, é NON FUMAR. E se es fumador/a déixao canto antes.
Podedes ver esta exposición na Casa da Cultura de Monforte ata o día 16 de xuño.