O Servicio de Prevención de Drogodependencias edita un novo número do BOLETÍN FAMILIAR. XULLO 2022
O Boletín Familiar é unha iniciativa do servizo de prevención da Unidade Asistencial de Drogodependencias, adscrita á concellería de Sanidade. Nesta ocasión leva por título:
Como educar para facer un bo uso das Redes Sociais?
– Mamá, papá teño 50 followers máis en Instagram! –Di a túa filla/o. A túa cabeza empeza a dar voltas “Instagram, Facebook, Twitter… fotos… quen é o seu “seguidor”, que quere, que está a publicar… Uf, teño que «poñerme as pilas» con estas redes"
Si tedes interés en consultar o boletín completo podedes facelo a través da páxina do Concello de Monforte. (Área de sanidade, UAD, apartado Boletín familiar) ou na nosa páxina de facebook:
https://www.facebook.com/UnidadAsistencialDrogodependencias/?ref=hl
Como sempre, estaremos á vosa disposición na nosa dirección habitual.
Tamén poderedes formular as vosas dúbidas no número de Whats App 604 059 719 ou a través da páxina do Concello, na sección de Sanidade, aí atoparedes un formulario para remitirnos a vosa consulta neste enlace.
Tamén probablemente o atopedes nas páxinas web dos vosos colexios, pois nós remitímosllos a eles con esa intención.
Para mais información:
Unidade Asistencial de Drogodependencias
Praza da Estación - 17
MONFORTE DE LEMOS (LUGO)
Tlf. 982 40 04 95
e-mail: uad@concellodemonforte.com