A Tenente de Alcalde inaugura a 22ª edición da Mostra Artelemos, unha aposta decidida do Concello de Monforte pola artesanía de calidade

Monforte de Lemos, 5 de agosto de 2022. A Tenente de Alcalde do Concello de Monforte, Gloria Prada, inaugurou na mañá de hoxe a XXII Mostra de artesanía Artelemos 2022, acompañada por diversos membros do Equipo de Goberno e da Corporación municipal.

Tras a inauguración, tivo lugar a actuación musical do Grupo Municipal de Gaitas do Concello, e a comitiva de autoridades visitou a continuación os diferentes stands que compoñen a mostra.

Esta mostra celebrarase na rúa Cardenal de Monforte de Lemos dende hoxe venres 5 e ata o 9 de agosto e convértese, como cada ano, na antesala das Festas Patronais da cidade, dentro do Programa Cultural de Verán do Concello.

En Artelemos 2022 participan de 23 profesionais da artesanía, provintes da comarca de Lemos, así coma outros puntos de Galicia e de España.

O horario durante os 5 días que durará a Mostra Artelemos será, pola mañá, de 10 a 14 horas, e pola tarde, de 18 a 22 horas.

O Concello destinou un orzamento de arredor de 12.000 euros para a organización desta 22ª edición de Artelemos.

 

Artelemos, unha mostra consolidada que aposta pola artesanía

Artelemos é o escaparate dos pequenos obradoiros artesanais que están a traballar no noso territorio rural, espallados por toda a xeografía galega, e que gardan a identidade de oficios tradicionais conxugándoa con tendencias actuais.

“Con esta Mostra”, explicara o Alcalde José Tomé Roca no día da presentación deste evento, “contribuímos a dinamización dos oficios e dos produtos artesanais locais, o que nos serve tamén para reforzar a promoción turística tanto de Monforte, como da comarca de Lemos e a Ribeira Sacra no seu conxunto”.

O obxectivo de Artelemos é achegar a artesanía local á xente na rúa, unha artesanía tradicional, e tamén máis moderna, cunha ampla variedade de disciplinas artesanais que os clientes esperan atopar: coiro, cestería, barro, olería, pintura, complementos, xoiaría, xoguetería, cerámica … En definitiva, unha inmellorable ocasión para atopar pezas únicas e de gran calidade, xa que todos os artesáns participantes contan con acreditación profesional.

Na Mostra haberá diferentes obradoiros para nenos e nenas;  estas actividades, que son un complemento á propia Mostra, organízanse ano a ano porque sempre acadaron un notable éxito entre o público asistente. 

Programación 22ª Mostra Artelemos 2022

Venres 5 de agosto: 

10:00 h.- Apertura de Stands de venda

11.30 h.- Inauguración oficial da 22ª Mostra Artelemos. Actuación Grupo Municipal de Gaitas.

12:00 a 14:00 h.- Demostración Olería de Gundivós. Artesán: Elías González

18:00 h.- Apertura de Stands de venda

19:00 a 21:00 h.- Obradoiro de Cestería para nenos e nenas.  Artesá: Luisa Martínez

20:30 a 22:00 h.- Demostración Olería de Gundivós. Artesán: Elías González

Sábado 6 de agosto:     

10:00 h.-Apertura de Stands de venda

12:00 a 14:00 h.- Obradoiro de barro para nenos e nenas.  Artesá: Amparo Scrich

18:00 h.- Apertura de Stands de venda

19:00 a 21:00 h.-  Obradoiro de barro para nenos e nenas.  Artesá: Amparo Scrich

Domingo 7 de agosto: 

10:00 h.- Apertura de Stands de venda

12:00 a 14:00 h.- Demostración de estampación “Cianotipia”. Artesá: Pilar Gonda

18:00 h.- Apertura de Stands de venda

19:00 a 21:00 h.- Obradoiro de Cianotipia para nenos e nenas. Artesá: Pilar Gonda

Luns 8 de agosto:          

10:00 h.- Apertura de Stands de venda

12:00 a 14:00 h.- Demostración Obradoiro de Encaixe de palillos. Artesá: Sesé Vila

18:00 h.- Apertura de Stands de venda

19:00 a 21:00 h.- Demostración Obradoiro de Encaixe de palillos. Artesá: Sesé Vila

Martes 9 de agosto:

10:00 h.- Apertura de Stands de venda

12:00 a 14:00 h.- Demostración Olería tradicional da Ribeira Sacra. Artesán: Tomás López

18:00 h.- Apertura de Stands de venda

19:00 a 21:00 h.- Demostración Olería tradicional da Ribeira Sacra. Artesán: Tomás López

19:00 a 21:00 h.- Obradoiro de Olería para nenos/as.  Artesá: Otilia Arias