Monforte de Lemos, 01 de setembro de 2022. Tras dous anos de ausencia por mor da Covid-19, o Concello de Monforte recupera, dentro do programa do Verán Cultural, a celebración do Festival de Habaneras Concello de Monforte, que este ano alcanza a súa 21ª edición.
Así, a praza de España acolle este sábado 3 de setembro ás 21:00 horas a celebración dunha das citas clásica sdo verán musical monfortino, o Festival de Habaneras, que está organizado polo Equipo de Goberno do Concello de Monforte, e que conta coa colaboración coa Deputación de Lugo.
O Festival de Habaneras alcanza as 21 edicións avalado polo éxito de público das citas de anos anteriores e, fundamentalmente, pola calidade dos grupos que participan en cada un dos certames.
O cartel deste ano está conformado por dúas corais de contrastado prestixio, as que se une a Coral Polifónica do Concello de Monforte: A Coral San Roque e a Coral Voces Graves, ambas procedentes de Vigo.
O Coro de Voces Graves de Vigo é una formación de aproximadamente 40 voces, que nace na cidade de Vigo por iniciativa de Alberto Abal co propósito de cantar e difundir a música coral escrita para voces iguais masculinas dado o amplo repertorio existente de música coral para esta tipoloxía musical.
O ideario do coro ten como prioridade a recuperación de obras para voces graves de autores tales como Reveriano Soutullo, Antonio Jaunsarás, Xoán Montes, Ángel Rodulfo, Fernández Vide, José Baldomir, José Castro “Chané”, Pascual Veiga, García Boente, Luis Taibo, Ángel Barja ou Felipe Paz Carvajal, entre outros moitos.
Son numerosas as actuacións e xuntanzas en múltiples escenarios para dar a coñecer os innovadores proxectos de recuperación do patrimonio musical. Os directores do Coro de Voces Graves de Vigo son Alberto Abal García e Jesús Fontenla Piñeiro.
A Coral Polifónica de San Roque de Vigo nace por iniciativa de Isabel Prado Davíla, muller cunha gran paixón pola música e a arte en xeral e que tamén colabora con diversas asociacións da cidade. Esta formación celebrou a súa primeira actuación en público no salón de actos da AA.VV. O Monte da Mina de Castrelos o 29 de decembro de 2012, sendo apadriñada pola Coral Polifónica San Mamede de Zamáns (Vigo).
A Coral Polifónica San Roque está formada por 55 voces mixtas e está dirixida dende a súa fundación por Rafael Pérez Dopeso, sendo él, xunto a Dna Isabel, un dos fundadores desta agrupación.. O Coro organiza 4 Festivais ao longo do ano, o festival da Primavera, Festival de Verán e Festival de Outono, (X Aniversario), dende 2018, tamén organiza o Festival Galicia Canta, no mes de xuño, cunha Coral de cada Provincia Galega.
A Coral Polifónica do Concello de Monforte de Lemos Fúndase en marzo de 1996 e está composta por 45 voces mixtas. O seu repertorio inclúe música sacra, popular galega, habaneras, polifonía en castelán, panxoliñas…Ten no seu haber numerosas actuacións a nivel provincial, autonómico, nacional e internacional.
Na nosa comunidade a coral polifónica de Monforte actuou en Ribadeo, Cee, Marín, Ourense, Pontedeume, O Grove, Mondoñedo, Lugo, Vigo, Pontevedra, etc...Así como en distintas partes do Estado como en León, Zamora e en varias localidades Asturianas como Cudillero, Villaviciosa, Mieres, La Felguera, etc..
Destacan a nivel internacional actuacións en Martigni (Suiza), Rennes (Francia), Cerdeña, Bolzano e Padua (Italia), Gotha (Alemania), Helsibor (Suecia), Oporto e Guimaraes (Portugal).
No ano 1999 gravou un CD de polifonía variada.
A dirección da coral corre a cargo de Fernando Sanmartino Pérez. Formouse musicalmente nos conservatorios de Ourense, A Coruña e Santiago. Foi director da Coral de Samos. Na actualidade compaxina a dirección da Coral coa de director do Conservatorio Municipal “Mestre Ibáñez” de Monforte de Lemos.
Programa: