Monforte de Lemos, 1 de setembro de 2022. O Concello de Monforte conmemora esta fin de semana a Xornada Europea da Cultura Xudía-Renewal con novas actividades.
Deste xeito, o Equipo de Goberno organiza para o 1, 2 e 3 de setembro o xogo Busca a Bolboreta.
Este xogo, ideado pola Red de Juderías de España, consiste en situarse diante dunha bolboreta situada na fachada da Oficina Municipal de Turismo de Monforte (rúa Comercio 6) e facerse unha foto nun photocall.
A continuación, hai que seguir as instrucións do enlace contido nun código QR para poder participar no concurso convocado pola Red. Os participantes poderán optar a conseguir diferentes premios.