Monforte de Lemos, a 3 de outubro de 2022. O Concello informa que se ven de producir unha avaría no subministro de auga que afecta á marxe dereita do río Cabe ó seu paso pola cidade.
En concreto, afecta ás rúas Chantada e as súas travesías, estrada de Ourense e as súas travesías, Corredoira e as súas travesías, Abeledos e as súas travesías, Cobas, Santa Clara, Ramberde e Rof Codina.
A avaría xa está sendo reparada nestes monentos, e agárdase que o servizo poida ser reestablecido o antes posible.
Dende o Concello agradécese a comprensión dos veciños e veciñas, e rogamos disculpen as molestias que esta avaría poida ocasionar.