Monforte de Lemos, 12 de outubro de 2022. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado pola 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada, e o Concelleiro de Obras, Medio Rural e Servizos, José Luis Losada, participou hoxe na celebración que tivo lugar na cidade con motivo da Festividade do Pilar, patroa da Garda Civil.
Os actos consistiron nunha misa na Igrexa da Estación para, posteriormente, trasladarse ó Club Fluvial, no que tivo lugar a degustación dun viño español.