Monforte de Lemos, 27 de outubro de 2022. Arredor de 80 militares do "Regimiento Saboya 6" pernoctaron onte en Monforte, no pavillón de As Gándaras o cal lles foi facilitado polo Concello, logo das xestións levadas a cabo polo Alcalde e o técnico de deportes.
O Regimiento Saboya 6 iniciou unha marcha a pé dende Salamanca, que rematará hoxe na igrexa de San Fiz de Cangas (Pantón), para renderlle homenaxe a Rodrigo López de Quiroga, que foi un dos grandes militares españois do século XVI, nacido en Espasantes, e que está enterrado en dita igrexa.
Este Regimiento, do que Rodrigo López de Quiroga foi Mestre de Campo, é unha das unidade militares máis antigas do mundo con máis de 500 anos de historia. Herdeira duns tercios de elite que mandou crear en 1537 o emperador Carlos.