Monforte de Lemos, 14 de novembro de 2022. O Concello de Monforte súmase hoxe ó Día Mundial da Diabetes, que ten lugar cada 14 de novembro.
“Educar para protexer o futuro” é o lema elixido para este ano, tendo sempre como eixo central a formación e a educación en diabetes, xa que é a ferramenta fundamental para que as persoas que conviven coa patoloxía poidan evitar e/ou reducir futuras complicacións, e gozar unha boa calidade de vida.
E o caso é que a educación en diabetes forma parte da atención en patoloxía e, polo tanto, é un dereito que hai que garantir aos pacientes, a través dun sistema sanitario centrado na cronicidade e dos profesionais sanitarios especialmente formados en diabetes.
O Concello colabora coa Federación Española de Diabetes (FEDE) na difusión do coñecemento sobre esta enfermidade así como na prompoción dun mellor acceso á atención da diabetes.
Podes descargar toda a información nestes enlaces: