Monforte de Lemos, 21 de novembro de 2022. O Concello de Monforte organiza para mañá martes 22 de novembro ás 18:00 h e na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro, o espectáculo "Xogar e aprender en galego mola" de Deza Music.
Trátase dunha actividade deseñada dentro da programación da Rede Galega de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia de 2022 e conta coa colaboración e coordinación do Concello de Monforte de Lemos.
É un espectáculo gratuíto dirixido a un público infantil e familiar de carácter participativo, que inclúe música, xogos, concursos e moita diversión.
O Concello de Monforte e Deza Music realizan esta actividade co obxectivo de promocionar o uso da lingua galega, e forma parte do proxecto cultural TeCe redes en galego do Fondo Xacobeo 21-22 da Secretaría Xeral de Política Lingüística.