En marcha as actividades organizadas polo Concello nos centros educativos de Monforte, co gallo do 25N

Monforte de Lemos, 23 de novembro de 2021. Dende o pasado luns 21, o Concello ven de poñer en marcha as actividades, que a través da Concellería de Muller e Igualdade e o CIM, ideou para os centros educativos de primaria e secundaria de Monforte, co gallo do 25 de Novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres.

Dende a Concellería de Muller e Igualdade, sendo coñecedores que para poder evitar a violencia de xénero é necesario fomentar e inculcar a educación no respecto, así como na igualdade de xénero e que o traballo en idades temperás con mozos e mozas é a mellor opción para conseguir un progreso rápido e sostido no que respecta á prevención e erradicación da violencia de xénero, póñense en marcha todos os anos actuacións cara o ámbito educativo.

  

Xogo interactivo “O Caso 25N” dirixido ó alumnado de 6º educación primaria

A actividade que consiste nun xogo de investigación interactivo dirixido a poboación  xuvenil, no que o alumnado participante ten que, por equipos, descubrir como a socialización diferencial interfire nas relacións humanas, podendo asentar as bases de condutas non igualitarias que favorezan actitudes e situacións de violencia. Para acadar o obxectivo do xogo o alumnado terá que usar o razoamento crítico e a lóxica no escrutinio de diferentes situacións, documentos ou elementos que se atoparán no transcurso da actividade.

A actuación é levada a cabo pola empresa Afouta S. Coop. Galega, a cargo de Sonia Fernández Bertólez e Ester Cano González, profesionais do Traballo Social con  especialización en xénero e igualdade e con experiencia en xestión de grupos, que empregarán unha estratexia de traballo participativa e baseada na adquisición conxunta de coñecementos e no adestramento de habilidades, co manexo das ferramentas e técnicas axeitadas e facilitadoras da posta en común de opinións, debates,... para que o alumnado participante interiorice os contidos dun xeito dinámico, participativo e auto reflexivo.

A actividade vai dirixida ao alumnado de 6º da Educación Primaria e cada sesión terá unha duración de 120 minutos.

A distribución das sesións é a seguinte:

Luns 21 novembro:

  • CEIP Monforte: 9:00-11:00 h.- 6º A e B
  • CPR Torre de Lemos: 12:00 – 14:00 h. 6º curso.
  • CPR Ferroviario: 12:00 – 14:00 h. 6º curso.

Xoves 24 novembro:  CPR PP. Escolapios:

  • 9:20  - 11:20 h.-   6ºA.
  • 11: 30 – 13:30 h .- 6ºB.

Luns 28 novembro:

  • CEIP A Gándara: 10:05 – 12:05 h.- 6º curso
  • CEE Infanta Elena: 10:05 – 12:05 h.

 

Escape room “Reixeita o maltrato” dirixido ao alumnado de 3º de ESO

Ante o éxito  que tivo o curso pasado co alumnado de Educación Primaria o “Escape Room pola Igualdade” decidiuse realizar para este ano e para Educación Secundaria, o Escape room “Reixeita o maltrato”.

A  persoa encargada de levar a cabo esta actuación é Simón González Villanueva da empresa Territorio Comanche que traballará dunha maneira lúdica contidos relacionados coa violencia de xénero (a orixe da cor violeta, as irmáns Mirabal, os celos, a violencia de xénero na arte, ciber acoso, sexting, ciber dating,...).

A actividade vai dirixida ao alumnado de 3º da ESO e cada sesión terá unha duración de 100 minutos.

Para levar a cabo o mesmo, o alumnado dsitribúses por equipos e conta cunha caixa forte, un criptex e fichas de traballo. Desenvolvese en catro partes:

  1. Charla técnica (15 minutos).
  2. Escape Room (1 hora).
  3. Rolda de preguntas (15 minutos).-  Durante a proba de escapismo, a gravación con voz en off que se escoita ao longo de toda o obradoiro aporta información de interese sobre as nosas protagonistas. Nesta fase, os equipos enfróntanse a unha rolda de preguntas para reforzar os contidos traballados durante o “escape room”
  4. A pirámide (10 minutos).- Os dous equipos con maior puntuación nas dúas fases anteriores enfróntanse a unha emocionante proba final denominada A PIRÁMIDE..

A distribución das sesións é a seguinte:

Luns 21 novembro: IES Río Cabe

  • 9:35 h.-11:15 h. 3ºB
  • 11:45 h.-13:25h. 3ºA

Martes 22 novembro:

  • IES A Pinguela: 9:35 h.- 11:15 h.
  • IES Daviña Rey: 12:35 h. – 14:15 h.

Mércores 23 novembro: CPR PP. Escolapios

  • 8:45 h – 10:25 h  3ºA
  • 10:45 h. – 12:25 h 3ºB

Xoves 24 novembro:

  • CPR Ferroviario: 9:00 h.- 10:40 h. 3º
  • CPR Fundación Torre de Lemos: 11:45 h.- 13:25 h.