O Alcalde homenaxea ó Club Taekwondo Neka e a 16 dos seus deportistas en recoñecemento polos resultados acadados no Campionato de España

O Alcalde homenaxea ó Club Taekwondo Neka e a 16 dos seus deportistas en recoñecemento polos resultados acadados no Campionato de España.

Monforte de Lemos, 28 de xaneiro de 2023. A tarde de onte serviu para que o Alcalde, José Tomé Roca, en nome de todos os monfortinos e monfortinas, homenaxeara ás 19:30 horas no Salón de Plenos da Casa do Concello ó Club Taekwondo Neka e a dezaseis dos seus deportistas, polos excelentes resultados que acadaron no Campionato de España celebrado en Alicante entre o 3 e o 6 de decembro de 2022.

Tras competir contra 100 equipos participantes, O Club Neka resultou ser o equipo máis premiado de todo o campionato. Non soamente quedou Campión de España na categoría de adultos e Subcampión en categoría infantil, a estes magníficos resultados, hai que engadir catro medallas de ouro, unha de prata e catro de bronce en categoría individual. Na categoría de parella dúas medallas de ouro e unha de bronce e por último, unha medalla de ouro máis, na categoría de trío.

O Alcalde, en nome de todos os monfortinos, felicitou ao adestrador e aos deportistas asistentes e agradeceu os éxitos acadados, “pois serven para que Monforte estea moi ben representado na elite do deporte español, europeo e mundial. Constitúe unha oportunidade única de promoción para a nosa cidade”. Tomé animounos a seguir traballando e a esforzarse para manter este nivel competitivo, consciente de que superalo resulta complicado”.

O alcalde comprometeuse a seguir respaldando ao deporte base e aos clubs como o Ximnasio Neka, “que traballan por promocionar as distintas modalidades entre os mais pequenos, destacando a importancia que ten calquera actividade na formación integral das novas promesas”.

Pola súa banda, José Mª Vega, director deportivo do club monfortino, declarou sentirse moi orgulloso dos resultados acadados, que son consecuencia de todo o esforzo feito polos deportistas do club. Ademais, quixo agradecer ó Alcalde a recepción celebrada no Concello, por constituír un recoñecemento ó gran traballo que están realizando estes xoves deportistas, que tal e como afirma Vega, están levando o nome de Monforte por España.

O director deportivo, tamén quixo agradecer as axudas que están a recibir dende O Concello, que consideran de vital importancia para o Club. Tanto as nominativas, que cada club ten asinadas, como as axudas de recente creación destinadas a Clubs Deportivos do Concello que participen en Campionatos oficiais de España, de Europa e/ou do mundo que facilitan a súa participación en campionatos tanto a nivel nacional como internacional. 

No acto de recoñecemento, o Alcalde estivo acompañado polos 16 deportistas homenaxeados, ós que lles entregou un obsequio como mostra de agradecemento polo seu esforzo, polo Concelleiro de Deportes, José Manuel Mougán, así como familiares e representantes do Club Neka.

Os resultados acadados no Campionato de España de Taekwondo polos deportistas do Neka en Alicante, e polos que foron homenaxeados no día de hoxe, son os seguintes:

CLUB TAEKWONDO NEKA:

•   Campión de España en categoría adultos

•   Subcampión de España en categoría infantil

MEDALLAS DE OURO:

•   INDIVIDUAL:

  • -Inés Casal Peña
  • -Daniel Arean Grejs
  • -Laura Álvarez Suárez
  • -Alejandro Losada Rodríguez

•   PARELLA:

  • Lucía Roca Rodríguez e Aitor Teijeiro Elidio (categoría cadete)
  • Daniel Arean Grejs e Laura Álvarez Suárez (categoría junior)

•   TRÍO: Alejandro Losada Rodríguez, Carlos Rey Cuadrado e José Roca Rodríguez

MEDALLAS DE PRATA:

•   INDIVIDUAL: Alicia Castro Regal

MEDALLAS DE BRONCE:

•   INDIVIDUAL:

  • Karla Novo Taboada
  • Aitor Teijeiro Elidio
  • Marco García Martínez
  • Lucía Roca Rodríguez

•   PARELLA: Karla Novo Taboada e Marco García Martínez

TAMÉN PARTICIPARON NO CAMPIONATO:

  • Aya Jabni López
  • Rosa Olmo Espinosa
  • Gael Díaz de la Fuente
  • Icia Marcos García
  • David Poyan López

Parabéns a todos os premiados polos éxitos acadados e ao resto de participantes polo esforzo que fixeron para chegar ao mais alto da competición a nivel nacional e o mais sincero agradecemento da cidade por  poñer a Monforte de Lemos no panorama mundial do deporte.