O CONCELLO DE MONFORTE ÚNESE Á REIVINDICACIÓN DO DÍA CONTRA O RACISMO E A XENOFOBIA QUE SE CELEBRA HOXE.
A Asemblea Xeral das Nacións Unidas declarou o 21 de marzo Día Internacional da Eliminación da Discriminación Racial. Este día lembra a Matanza de Sharpeville ocorrida en 1960 contra manifestantes que protestaban pola aplicación do Apartheid a mans da policía surafricana. A celebración do 21 de marzo lémbranos que debemos seguir loitando por eliminar da nosa sociedade a discriminación racial e a xenofobia, aínda presentes a día de hoxe.
Desde o Concello de Monforte de Lemos unímonos a está reivindicación a través da Exposición itinerante “Así somos” que se levará a cabo do 21/03/2023 ó 30/05/2023 en centros escolares e edificios municipais, a cal está enmarcada dentro das actuacións de mediación social e intercultural do Programa de inclusión social có colectivo de etnia xitana veciña deste Concello, e que ten como finalidade promover a reflexión sobre os prexuízos existentes ao redor deste colectivo e que conlevan actitudes negativas que dificultan a súa integración social.
Desde o ano 2016 desenvólvense desde os Servizos Sociais municipais o Programa de inclusión social có colectivo de étnia xitana a través de Subvencións da Concellería de Política Social da Xunta de Galicia, cofinanciado polo Fondo social Europeo e que contempla actuacións dirixidas a inclusión social: Inclusión social básica, transición ó emprego, apoio á inclusión residencial, reforzo socioeducativo de menores e mediación social e /ou intercultural.
Datas e lugares da Exposición itinerante “Así somos”
1. Casa do Concello- 21 marzo 2023
2. Colexio A Gándara: 27/03/2023
3. Edificio Multiusos: 3/04/2023
4. Colexio Novo :11/04/2023
5. Colexio Ferroviario:17/04/2023
6. Colexio Escolapios: 24/04/2023
7. Colexio Torre de Lemos 02/05/2023
8. Casa da cultura 08/05
9. Servizos Sociais 15/05