-José Tomé Roca, salientou o “éxito desta cita deportiva, tanto polo número de inscritos como polo gran ambiente de público, que encheu a zona de saída e meta, na Compañía. O bo tempo tamén contribuíu a que a cita se celebrara sen contratempos”.
-As rúas da cidade acolleron a que é unha das probas deportivas máis importantes das que organiza o Concello, que este ano contou coa inscrición de 1.132 atletas.
-O Alcalde subliñou que “seguimos recuperando eventos importantes dentro do noso calendario anual de actividades nunha volta á vida normal. É unha gran satisfacción que esta cita atlética resultara todo un éxito, e que os mais pequenos participaran da proba porque é unha forma de animalos a practicar deporte e levar unha vida saudable ”.
-En categoría masculina absoluta, o gañador foi Jorge Puig Malvar mentres que na absoluta feminina, foi a deportista Edymar Breu Abreu a gañadora.
Monforte de Lemos, 2 de abril de 2023. O Alcalde, José Tomé Roca, amosou a súa satisfacción tralo remate da 13ª edición da Carreira Popular de Monforte, porque “esta cita deportiva resultou todo un éxito, tanto polo número de inscritos como polo gran ambiente de público, que abarrotou a zona de saída e meta, na Compañía. O bo tempo tamén contribuíu a que a cita se celebrara sen contratempos”.
Os atletas inscritos nas diferentes categorías da XIII Carreira Popular Concello de Monforte foron 1.132 persoas, o cal significa que o interese pola proba monfortina segue ano a ano e repártense en categorías distintas con distancias tamén diferentes en función da idade dos participantes.
O Alcalde subliñou que “seguimos recuperando eventos importantes dentro do noso calendario anual de actividades nunha volta á vida normal. É unha gran satisfacción que esta cita atlética resultara todo un éxito, e unha gran noticia a gran participación nas probas de menores porque con estas actividades contribúese a que adquiran o hábito de practicar deporte e levar unha vida saudable”.
Na entrega de premios posterior a todas as probas disputadas, o Alcalde estivo acompañado pola 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada, o concelleiro de Deportes, José Manuel Mougán, as concelleiras de Cultura, Marina Doutón, Muller e Igualdade, Margarita López, e Consumo, Regina López e o voceiro municipal do BNG Emilio Sánchez.
Gañadores e gañadoras
En categoría masculina absoluta, o gañador foi Jorge Puig Malvar mentres que na absoluta feminina, foi a deportista Edymar Breu Abreu a gañadora.
Toda a información sobre a carreira pódese consultar en: https://monforte10k.com