- A celebración, que tivo lugar este domingo pasado no campo municipal de A Pinguela comezou ás cinco da tarde con dous partidos de fútbol consecutivos e rematou con unha degustación gratuíta de panceta.
- O Alcalde acompañado polos Concelleiros de Servizos e de Deportes, desfrutou da xornada de fútbol e animou ao equipo local ao ritmo do novo himno do Lemos, que se presentou ao comezo do partido.
Monforte de Lemos, 28 de abril de 2023. O pasado domingo 23 o Club Deportivo Lemos comezou os actos de celebración do Centenario do Club monfortino. Para a conmemoración, a directiva organizou dous partidos consecutivos, o primeiro no que xogaron O Lemos B e o Ferreira de Segunda autonómica e o segundo, que se disputou ás sete e cuarto e que se celebrou entre o Lemos e o Mugardos, de Preferente.
Ao terminar os encontros fíxose unha pancetada seguida dunha actuación musical, pero un dos momentos mais desfrutados foi a presentación do himno do club interpretado pola “Escuela Creativa” tanto ao inicio do partido como no descanso do mesmo.
O Alcalde, José Tomé, acompañado polo Concelleiro de Obras, Medio Rural e Servizos, José Luis Losada e o Concelleiro de Deportes, José Manuel Mougán, asistiron aos actos de conmemoración e desfrutaron do partido a pesar de que no se conseguisen os dous puntos para o Lemos.
Con todo, o partido estivo emocionante, con varias oportunidades de marcar gol o equipo local e moi bo ambiente no campo cunha afición que non parou de animar ao seu equipo . Outro momento moi celebrado, foi ao comezo e no descanso do partido, coa interpretación do himno do Club pola “Escuela Creativa” acompañada da voz de Candela Callejo.