O Concello de Monforte de Lemos, a través da súa concellería de Cultura, conmemorará o Día das Letras Galegas deste ano 2023, que está adicado ao tradutor, novelista, historiador, periodista e editor, Francisco Fernández del Riego.
Dentro da programación adicada a celebrar esta data tan significativa para a nosa comunidade, a Concellería de Cultura planificou varias actividades adicadas a públicos diversos.
A primeira delas está programada para desenrolarse de maio a xuño e está dirixida ao público en xeral. Consiste na organización de “roteiros literarios por Monforte” que terán que estar previamente concertados co Concello e que están pensados para celebrarse nas principais rúas e prazas da cidade.
A segunda actividade, consiste nun certame de narración e debuxo infantil convocado pola Biblioteca Municipal Poeta Lois Pereiro e que ten como prazo máximo para a presentación dos traballos, ata este martes día 16 de maio.
O certame convócase para tres categorías de participantes nas dúas modalidades, narración e debuxo, en función das idades dos distintos candidatos a sair premiados. Os finalistas do certame pasan directamente á fase provincial que se desenrolará a finais de maio e de onde sairán os premiados provinciais definitivos.
A terceira actividade programada é un festival de música que terá lugar o propio día de celebración das Letras Galegas, o mércores 17 de maio, na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro a partires das 12:00 h.
Este festival musical, dirixido a todos os públicos e de carácter gratuíto, contará coas actuacións dos seguintes grupos:
- Coral Polifónica do Concello de Monforte.
- Grupo de Gaita da Escola de Música do Concello de Monforte.
O Alcalde anima a todos os monfortinos e monfortinas a participar nas distintas actividades programadas e a desfrutar do Festival de Música que terá lugar mañá como celebración do día das letras galegas, na casa da Cultura.