Monforte de Lemos, 30 de maio de 2023. O Concello de Monforte, informa de que mañá mércores, 31 de maio, procederá a cortar o tráfico de peóns e de vehículos pola Ponte Vella a partir das 8:00 h.
O motivo é acometer os traballos de limpeza íntegra do mesmo, tal e como se ven a facer nestes últimos anos. Os traballos de limpeza serán levados a cabo pola Brigada Municipal de Parques e Xardíns do Concello.
O corte ó tráfico de vehículos e peóns da Ponte, que será levado a cabo pola Policía Local, manterase mentres duren estes traballos de limpeza indispensables para o bo mantemento da infraestructura.
Dende o Concello solicitan a colaboración de todos os cidadáns mentras se proceda a facer as obras e piden desculpas polas molestias ocasionadas.