-O Alcalde quixo facilitar a utilización da Praza dos Escolapios como enclave único para que preto de 200 persoas participaran na cerimonia da Xura de Bandeira Civil en Monforte de Lemos.
- O Acto tivo varios momentos de máxima emoción, entre os que hai que destacar a Xura dos Civís participantes, a Homenaxe aos soldados caídos e o Desfile da compañía ante as Autoridades e asistentes presentes.
- Unha vez rematado o Acto da Xura, o Alcalde acompañou ás Autoridades militares para que puideran visitar a Iglexa da Nosa Señora da Antiga, e o museo onde puideron disfrutar das súas obras más significativas: os son dous óleos de Domenikos Theotocopoulos, O Greco, e as cinco tablas de Andrea del Sarto.
Monforte de Lemos, 10 de xuño de 2023. Hoxe as 12 da mañá tivo lugar na Praza dos Escolapios a Xura de Bandeira Civil de preto de 200 persoas nunha cerimonia presidida polo Ismo. Alcalde do Concello de Monforte e o Excmo. Almirante xefe do Arsenal de Ferrol.
Durante o desenrolo do acto, un nutrido grupo de cidadáns manifestaron o seu compromiso á defensa de España, prestando xuramento ou promesa ante a Bandeira Nacional.
Nun primeiro momento, prodúxose o desfile ata a Praza dos Escolapios da compañía de honores que deu escolta á Enseña Nacional ante a que os xurandos realizaron o xuramento ou promesa e que rendiu honores de ordenanza da Autoridade que presidiu o Acto.
Coa chegada do Excelentísimo Señor D. Ignacio Frutos Ruiz, Almirante xefe do Arsenal Militar de Ferrol, e unha vez recibidos os honores, pasou revista á Forza en formación ao son da marcha militar e recibiu ao Ilustrísimo Alcalde de Monforte de Lemos, o Sr. D. José Tomé Roca, dirixíndose á Presidencia que ocuparon durante o desenrolo da Xura de Bandeira.
Colocada a Bandeira, no posto designado para proceder á xura, no momento mais emocionante do acto, os xurandos foron chamados un a un, para selar co seu xuramento ou promesa o compromiso de defender España. Tras a xura dos case 200 participantes, tivo lugar un momento non menos emocionante que a xura, e que consistiu na Homenaxe aos soldados caídos, que morreron con honor servindo á súa Patria. Neste momento, o Comternor e un xurando, dirixíronse ao monolito en forma de cruz para depositar unha corona e participar na oración ofrecida polo capelán.
A continuación, cantouse o Himno da Armada e tras pedir o permiso reglamentario, prodúxose o desfile da compañía á vista das autoridades e público asistente, e retirouse a Bandeira para que ocupara o seu lugar inicial, rematando o Acto co Himno Nacional.
As autoridades militares quixeron agradecer aos monfortinos e monfortinas presentes a súa compañía nesta celebración remarcando que a súa presenza é motivo de gran satisfación e estímulo para eles e quixeron agradecer ao Alcalde da Cidade a súa colaboración que resultou imprescindible para o Acto de Xura se puidera realizar.
O Alcalde tamén mostrou a súa satisfacción pola celebración dun acto tan significativo na Cidade de Monforte e tan emocionante para os participantes no mesmo. A alta participación de cidadáns na Xura de Bandeira Civil, demostra que o obxectivo destes eventos, que é afianzar lazos de unión entre as Forzas Armadas e a sociedade, estase a conseguir satisfactoriamente. José Tomé tamén quixo agradecerlle ás Autoridades militares escoller a nosa Cidade para o desenrolo dun evento tan loxísticamente tan complexo e ao mesmo tempo tan emotivo como o que tivo lugar no día de hoxe.