- Gloria Prada califica o Festival Fancine de Lemos, que se desenrolará dos días 5 ao 9 de xullo, como unha oferta cultural sólida con atractivo único por ter o engadido da utilización de espazos rurais.
- A Tenente Alcalde reafirmouse no seu compromiso de apoiar o Festival tal e como demostra o aumento da aportación económica destinada ao mesmo que este ano é de 5.000 €
Monforte de Lemos, 13 de xuño de 2023. Este luns, compareceron en rolda de prensa a Tenente de Alcalde, Gloria Prada, acompañada polo responsable do proxecto Festival Fancine de Lemos 2023, Iván Patiño, para explicar a programación, duración e desenrolo da IX edición do Festival.
A Tenente de Alcalde quixo desculpar a ausencia do Alcalde que tivo que acudir a compromisos previos ineludibles e manifestou o renovado compromiso do Concello con esta iniciativa “como xeito de apostar por unha oferta cultural sólida que ademáis neste caso, sempre ten o engadido da utilización de espazos rurais que lle confiren un atractivo único”.
Gloria Prada que presentou o Festival como un evento cultural consolidado dentro da programación do Concello de Monforte, calificouno como “un dos mellores do xénero en Galicia tal e como avala o feito de que na edición anterior chegaran mais de 200 cortometraxes para participar no mesmo, ao que Iván Patiño engadiu que nesta edición aumentou en 280 o número de participantes. A tenente Alcalde quixo engadir que outro valor engadido do Festival é a implicación coa formación a través de exposicións, clases maxistrais e rodaxes”
Durante a comparecencia, Iván Patiño, detallou as distintas actividades que constitúen a programación deste ano, que está adicado tal e como explicou o director do Festival, á película “O Exorcista” na conmemoración dos 50 anos da súa presentación. As actividades programadas xirarán arredor desta produción e a acción mais importante do festival será a presenza de Marian Salgado que tal e como a definiu o responsable do Fancine, é unha das mulleres fundamentais na historia do fantaterror español e que foi quen puxo a voz á nena do Exorcista na versión da película en español.
Iván Patiño continuou a explicar as películas que se podrán ver este ano e que serán un total de 6 produccións: Escooby-Doo, dúas películas galegas, O Corpo Aberto e a gañadora do Goya en películas de animación do ano pasado, por suposto a película homenaxeada, O Exorcista que pechará o festival e, o primeiro día arrancará con “Endemoniada” protagonizada pola invitada de honor, Marian Salgado. Xa por último, queda unha última produción da que Iván Patiño non quixo falar por ser sorpresa.
En canto ás Curtas presentáronse 280 para unha selección final de 23 que terán que elexir o xurado composto pola Concelleira de Cultura, Marian Salgado e Aida Cordero da que sairán catro gañadores con premios de 1.000 € destinados para tal fin.
Xa por último, o Director e responsable do Fancine quixo poñer en valor unha iniciativa innovadora que se comeza este ano, dentro da formación, e que é o Concurso de Curtas curtas consistente en cortametraxes de terror e duración inferior a 30 segundos que está funcionando moi ben tal e como afirmou o responsable da iniciativa.
Iván Patiño quixo agradecer a colaboración do Concello de Monforte que xunto coa Deputación fan posible que o Festival Fancine de Lemos se poida celebrar co éxito actual sendo un referente deste xénero en Galicia.