O Alcalde informa do comezo dos cursos de verán de música e danza 2023 de Monforte de Lemos

Monforte de Lemos, 22 de xuño de 2023. O Alcalde de Monforte quere comunicarlle aos veciños e veciñas do comezo dos cursos de verán de música e danza dende o próximo día 3 de xullo e durante os meses de xullo e agosto.

Este ano,  os cursos desenvolveranse en distintas semanas durante os meses de verán, en horario de mañá e no Conservatorio municipal “Mestre Ibáñez” - edificio multiusos. Cada materia terá unha duración dunha hora que se reservará no momento da inscrición.

En cada solicitude de inscrición os/as alumnos/as poderán inscribirse nun total de dúas materias, de música, danza ou ambas, cunha taxa de 25,00 €.

Poderase participar en máis materias cubrindo outra nova solicitude como máximo.

O nivel será de iniciación ou avanzado.

As materias de Música estarán dirixidas a alumnos/as a partir de 6 anos de idade e constará de talleres de práctica instrumental en especialidades como, guitarra, violín, piano, Saxofón, Clarinete, Frauta doce, Frauta Travesa, Trompeta, Trombón, Gaita, Percusión moderna (batería) e Percusión tradicional galega (pandeireta, pandeiro, tambor...).

*En piano será preciso traer auriculares, así como un xogo de pinturas nos alumnos/as ata sete anos.

*En percusión moderna será preciso que o alumno aporte un par de baquetas mod. 5A e unha pelota de tenis.

Materias, datas e prazas dispoñibles:

Música

Violín (a partir de 6 anos)                                             do 03/07 ao 07/07               9 prazas

*Piano 1º grupo (a partir de 6 anos)                             do 03/07 ao 07/07               9 prazas

Guitarra (a partir de 6 anos)                                         do 03/07 ao 07/07               5 prazas

Ukelele (a partir de 6 anos)                                          do 03/07 ao 07/07               5 prazas

Saxofón (a partir de 6 anos)                                        do 03/07 ao 07/07                9 prazas

**Percusión moderna (a partir de 6 anos)                   do 03/07 ao 07/07               10 prazas

Guitarra eléctrica e acústica (a partir de 6 anos)         do 10/07 ao 14/07              10 prazas

 

*Piano 2º grupo (a partir de 6 anos)                               do 31/07 ao 04/08               12 prazas

*Piano 3º grupo (a partir de 6 anos)                              do 31/07 ao 04/08                12 prazas

*Piano 4º grupo (a partir de 6 anos)                              do 07/08 ao 11/08                  9 prazas

Vento metal/Trombón, Trompeta (a partir de 6 anos)   do 07/08 ao 11/08                   6 prazas

Gaita e frauta doce  (a partir de 6 anos)                        do 21/08 ao 25/08               10 prazas

Percusión tradicional (a partir de 6 anos)                      do 21/08 ao 25/08               10 prazas

Clarinete (a partir de 6 anos)                                         do 21/08 ao 25/08                 6 prazas

Frauta Travesera (a partir de 6 anos)                            do 21/08 ao 25/08                 6 prazas

 

* En piano será preciso aportar auriculares, así como un xogo de pinturas nos alumnos/as de 6 e 7 anos.

**En percusión moderna será preciso que o alumno aporte un par de baquetas mod.5A e unha pelota de tenis.

A parte da danza, está dirixida a nenos/as e xóvenes en xeral a partir de 6 anos. Formaranse distintos talleres por  idades en danza tradicional galega, moderna e clásica.

Danza

*Danza tradic. Galega 1 (6 a 9 anos)                 do 07/08 ao 11/08                 8 prazas

*Danza tradic. Galega 2 (a partir de 10 anos)   do 07/08 ao 11/08                 8 prazas

*Danza moderna (6 a 9 anos)                            do 07/08 ao 11/08               12 prazas

*Danza moderna (a partir de 10 anos)               do 07/08 ao 11/08               12 prazas

**Ballet clásico (a partir de 6 anos)                    do 07/08 ao 11/08               12 prazas

*Para danza tradicional e moderna será preciso traer zapatillas deportivas.

**En ballet clásico serán precisas zapatillas de media punta.

INFORMACIÓN:

PRAZOS DE INSCRICIÓN:  Do 20 de xuño ao 18 de agosto de 2023, sempre previo ás datas específicas de celebración dos distintos cursos.                                  

A inscrición realizarase na ventanilla da oficina de rexistro do Concello de Monforte en horario de mañá, aportando a solicitude debidamente cuberta e reservando no momento da inscrición a praza concreta co seu horario específico e en riguroso orden de chegada.

As solicitudes poderánse descargar na sede electrónica do concello no catálogo de trámites ou recollelas na mesma ventanilla do Concello.

No caso de realizar a inscrición na sede electrónica: 1º Asignarase a data específica do curso á espera de confirmación da praza por parte do Concello. 2º Despois da confirmación da praza, enviarase o extracto da taxa debidamente pagada por autoliquidación ao correo: cursos.musicaedanza@concellodemonforte.com

PREZO ÚNICO: 25 € por solicitude (dúas materias).

Arquivos de descarga:

Autoliquidación Formulario 2023

Solicitude de matrícula 2023