Entre as funcións do Concello de Monforte de Lemos atópase a de velar polo benestar tanto de quen vive na cidade como dos seus visitantes. Para a nosa cidade o lecer é unha das claves da súa prosperidade. Facilitar tempos e espazos de esparcimento e que poidan desenvolverse de forma segura e saudable forma parte deste cometido.
Ante a alarma entre a comunidade médica polo elevado consumo de cigarros electrónicos entre os mozos enfocamos esta campaña informativa para toda a poboación.
Os referentes para os mozos en redes sociais fuman sen restricións, e este perigoso escaparate levoulles a normalizar o consumo. Para a maioría, o vapeo está de moda e un 37% está convencido de que lles axuda a facer amigos e a ligar. O 44% cre que fumar faiche interesante e axúdache en situacións psicolóxicas complicadas. Non hai percepción do risco. Unha cuarta parte pensa que se esaxeran os efectos nocivos do tabaco tradicional e, se falamos de vapeo, case o 40% asegura que non afecta á saúde.
Detrás das súas cores, aromas e sabores atractivos está un hábito que é claramente insalubre.
A nosa intención con esta campaña é dar información verídica sobre esta “moda”, que non é inocua, sobre todo nos máis novos.
Para isto repartiranse dípticos e folletos en farmacias, centros sanitarios, concellos da comarca, servizos sociais etc.
Se queredes poñervos en contacto con nos, estamos en:
UNIDADE ASISTENCIAL DE DROGODEPENDENCIAS
SERVIZO DE PREVENCIÓN
Plaza da Estación - 17
27400—Monforte de Lemos (Lugo)
Tlf. 982 40 04 95
Facebook: Unidad Asistencial de Drogodependencias Monforte de Lemos