O Alcalde informa desenvolvemento dos traballos de mellora na Travesía do Malecón-A Peña, na que inviste 27.000€

Monforte de Lemos, 21 de xullo de 2023. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, informa do inicio das obras de mellora do firme doutra das rúas incluídas no plan desenvolto polo Equipo de Goberno para rúas de titularidade municipal, en concreto, trátase da Travesía do Malecón-A Peña, vía que conecta o paseo do Malecón coa rúa Doutor Casares e que é moi transitada por descorrer paralela ó Centro de Saúde da cidade.

As actuacións enmárcanse dentro do proxecto de obras de mellora en 13 vías de  urbanas e rurais que deu a coñecer hai unhas semanas o Alcalde, e que contan cun investimento total próximo ós 300.000€ (297.800,63 €.).

José Tomé Roca, destaca que “iniciamos así neste novo mandato o desenvolvemento dun ambicioso programa de mellora de infraestruturas viarias da nosa cidade e das nosas parroquias, porque este é un compromiso que eu como Alcalde teño adquirido cos monfortinos e coas monfortinas dende o principio do meu mandato, e non esquecemos a ningunha parroquia, nin a ningún barrio de Monforte de Lemos”.

“Deste xeito” engadiu o Alcalde, “o Equipo de Goberno deste Concello segue a desenvolver actuacións para seguir mellorando Monforte tal como vimos facendo dende que chegamos ó Goberno fai 8 anos, e que seguiremos facendo para cumprir o compromiso que temos con todos os monfortinos e monfortinas”.

 

Mellora da Travesía do Malecón-A Peña

Esta travesía, que conecta a rúa Doutor Casares co Paseo do Malecón, e que descurre paralela ó Centro de Saúde de Monforte, é moi utilizada polos cidadáns monfortinos.

Debido a que un tramo de dita rúa se atopaba deteriorado e a que unha das súas beirarrúas presentaba un mal estado, o Concello decidiu acometer a súa mellora, que se está levando a cabo nestes días. Ademais, na zona inferior da mesma, que é mais ancha, provócanse aparcamentos desordeados con bastante frecuencia, polo que tamén o Equipo de Goberno ideou unha actuación para solventar esta deficiencia.

Polo tando, as obras de mellora están a consistir na colocación dun novo pavimento de formigón semipulido de 15 cm., unha beurarrúa con bordillo de formigón e baldosas de cemento, nun dos laterais. ´

Na parte inferior, vanse crear 3 plazas de aparcamento e rematarase a beirarrúa de pedra que hai na actualidade. Por último, pintaranse as marcas viais correspondentes.

Esta intervención afecta a 45 metros de lonxitude total e conta cun orzamento de 26.903,45 €.

O rexedor monfortino resalta que “isto supón a continuidade do desenvolvemento dun ambicioso programa de melloras de infraestruturas urbanas e da rede viaria da nosa cidade e das nosas parroquias, porque este é un compromiso que eu como Alcalde teño adquirido cos monfortinos e coas monfortinas e que veño de renovar tras o respaldo acadado nas recentes eleccións municipais, e no que non esquecemos a ningunha parroquia, nin a ningún barrio de Monforte de Lemos.”