O Servicio de Prevención de Drogodependencias edita un novo número do BOLETÍN FAMILIAR. AGOSTO 2023
O Boletín Familiar é unha iniciativa do servizo de prevención da Unidade Asistencial de Drogodependencias, adscrita á concellería de Sanidade. Nesta ocasión leva por título:
BENESTAR DIXITAL E REDES SOCIAIS
Todas as aplicacións de redes sociais fóronse actualizando e nas súas últimas versións xa incorporan entre as súas opcións un espazo dedicado en exclusiva ao Benestar Dixital. As dúas frontes en común de todas elas fan referencia á xestión de tempo en pantalla e a xestión de notificacións.
Ao fin de evitar «un atracón de pantallas» que poida xerar graves danos como a habituación, facer do abuso diario un costume e o tempo excesivo de uso, sen límite, debemos de utilizar unha serie de recursos que veremos neste boletín.
Si tedes interés en consultar o boletín completo podedes facelo a través da páxina do Concello de Monforte. (Área de sanidade, UAD, apartado Boletín familiar) ou na nosa páxina de facebook:
https://www.facebook.com/UnidadAsistencialDrogodependencias/?ref=hl
Como sempre, estaremos á vosa disposición na nosa dirección habitual.
Tamén poderedes formular as vosas dúbidas no número de Whats App 604 059 719 ou a través da páxina do Concello, na sección de Sanidade, aí atoparedes un formulario para remitirnos a vosa consulta neste enlace.
Tamén probablemente o atopedes nas páxinas web dos vosos colexios, pois nós remitímosllos a eles con esa intención.
Para mais información:
Unidade Asistencial de Drogodependencias
Praza da Estación - 17
MONFORTE DE LEMOS (LUGO)
Tlf. 982 40 04 95
Nº Rex. C-27-000100
e-mail: uad@concellodemonforte.com