A praza de España acolle este mércores unha nova edición da “Gala Máxica”, organizada polo Concello de Monforte

Monforte de Lemos, 7 de agosto de 2023. O Concello de Monforte acollerá este mércores 9 de agosto, a celebración dunha nova edición da Gala de maxia, denominada Gala Máxica, que forma parte ano a ano do programa do Verán Cultural monfortino.

A gala, organizada e patrocinada polo Equipo de Goberno do Concello de Monforte e polo AGADIC da Xunta de Galicia, celebrarase na praza de España a partir das 22:30 horas.

Os protagonistas serán serán o Mago Rafa, o Mago Iago e Edu el Mago.

Todas as actuacións serán con entrada gratuíta e dirixidas a todos os públicos.