Monforte de Lemos, 21 de agosto de 2023. A XXIV Feira do Libro de Monforte abrirá no Cardeal do 23 ó 26 de agosto, e podrá visitarse en horario de 11 a 14 horas e durante a tarde de 19 a 22 horas.
A Feira do Libro de Monforte conta cun completo programa de actividades, no que se inclúen Seis casetas, ducias de autores, eventos para toda a familia, sinaturas e presentacións. Coa Feira do Libro de Monforte, a Federación de Librarías de Galicia dará por rematada a tempada de feiras de 2023, e que ten 14 citas por toda Galicia.
A programación deste ano da Feira do Libro de Monforte inclúe a presencia de varios escritores da Ribeira Sacra, e tamén escritores do resto de Galicia. A través deles, potenciarase e darase a coñecer o talento literario existente na Ribeira Sacra e tamén en Galicia.
Todos os libros que se adquiran nesta Feira do Libro monfortina, contarán cun desconto do 10%.
A Feira do Libro de Monforte está organizada pola Federación de Librarías de Galicia e o Concello de Monforte. Esta Federación de Librarías de Galicia é unha institución constituída sen fins de lucro, integrada actualmente por 147 librarías de toda Galicia, que leva 45 anos ó servizo do sector.
Consulta o programa completo en:
Programa Feira Libro Monforte 2023