O Concello destina 7.000€ en subvencións a entidades para axuda social en Monforte

Monforte de Lemos, 28 de agosto de 2023. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, informa que na Xunta de Goberno do Concello celebrada hoxe luns ven de aprobar o establecemento de convenios de colaboración con dúas entidades monfortinas, para establecer as condicións e compromisos aplicables ás subvencións de carácter nominativo concedidas a ditas entidades, e recollidas nos orzamentos municipais deste ano 2023.

As axudas concedidas, para dúas entidades sociais, alcanzan os 7.000 euros.

En concreto, os convenios de colaboración asinaranse coas seguintes entidades, recollendo os seguintes importes.

 

  • Cruz Vermella española: 2.000 euros.
  • Cáritas Diocesanas de Lugo: 5.000€.

 

En concreto, explica o Alcalde, “no caso da Cruz Vermella as axudas están destinadas a actividades xuvenís de ocupación do tempo libre en Monforte, e polo que respecta a Cáritas Diocesanas, a axuda que concedemos dende o Equipo de Goberno vai destinada a cubrir as necesidades de persoas en situación de desvantaxe no noso Concello”.

Estas axudas enmárcanse nuns orzamentos, os do 2023, no que a aposta do Concello é claramente social, “uns orzamentos que son os máis sociais da historia do Concello de Monforte, que demostran que dende este Equipo de Goberno temos unha preocupación máis social que nunca”, recorda o rexedor monfortino.