O Servicio de Prevención de Drogodependencias edita un novo número do BOLETÍN FAMILIAR. SETEMBRO 2023
O Boletín Familiar é unha iniciativa do servizo de prevención da Unidade Asistencial de Drogodependencias, adscrita á concellería de Sanidade. Nesta ocasión leva por título:
A VOLTA AO COLE:
TRUCOS PARA FACELA MAIS LEVADERA
O mes de setembro é un mes crave para as persoas consumidoras. O final do verán e das vacacións supón tamén o comezo de novos gastos. A volta ao cole é, sen dúbida, un dos momentos do ano que máis preocupa aos consumidores.
O actual panorama de encarecemento de prezos converte esta volta ao cole nunha das máis caras dos últimos anos. Por iso, atopar alternativas que permitan ás familias aforrar en custos como o material escolar ou os uniformes é clave para que a costa de setembro non sexa tan complicada.
Deixámoslle uns consellos que lle permitirán facer fronte aos distintos gastos que veñen asociados á volta ao cole.
Si tedes interés en consultar o boletín completo podedes facelo a través da páxina do Concello de Monforte. (Área de sanidade, UAD, apartado Boletín familiar) ou na nosa páxina de facebook:
https://www.facebook.com/UnidadAsistencialDrogodependencias/?ref=hl
Como sempre, estaremos á vosa disposición na nosa dirección habitual.
Tamén poderedes formular as vosas dúbidas no número de Whats App 604 059 719 ou a través da páxina do Concello, na sección de Sanidade, aí atoparedes un formulario para remitirnos a vosa consulta neste enlace.
Tamén probablemente o atopedes nas páxinas web dos vosos colexios, pois nós remitímosllos a eles con esa intención.
Para mais información:
Unidade Asistencial de Drogodependencias
Praza da Estación - 17
MONFORTE DE LEMOS (LUGO)
Tlf. 982 40 04 95
Nº Rex. C-27-000100
e-mail: uad@concellodemonforte.com