Monforte de Lemos, 3 de setembro de 2023. O Alcalde, José Tomé Roca, acompañado pola primeira Tenente de Alcalde, Gloria Prada, e os Concelleiros de Deportes, José Manuel Mougán, e Cultura, Marina Doutón, asistiu onte pola noite á 22ª edición do Festival de Habaneras de Monforte.
O Festival estaba previsto que se celebrase na Praza de España, pero debido á climatoloxía adversa que impidía a súa celebración, foi finalmente trasladado ó Auditorio do Edificio Multiusos. A pesar deste cambio, o certame foi todo un éxito de público, xa que o auditorio estaba prácticamente cheo.
O Festival de Habaneras alcanza as 22 edicións avalado polo éxito de público das citas de anos anteriores e, fundamentalmente, pola calidade dos grupos que participan en cada un dos certames.
O cartel deste ano estivoconformado por dúas corais de contrastado prestixio, as que se une a Coral Polifónica do Concello de Monforte: á Coral Polifónica Estradense e o Coro de la Bodega de Candás (Asturias).
O Certame de Habaneras de Monforte estivo organizado polo Concello de Monforte, formando parte da súa programación do Verán Cutural, e conta co apoio da Deputación Provincial de Lugo, a través do Plan Único de Cooperación cos Concellos.