Monforte de Lemos, 5 de outubro de 2023. O Concello de Monforte informa que, segundo se establece nas condicións para participar nas actividades do programa ACTIVA 2023-24, a adxudicación de prazas no Centro Cívico realizarase por sorteo público entre as solicitudes recibidas para cada actividade, unha vez finalizado o prazo de solicitude, e diferenciando entre prazas ordinarias e prazas para persoas con discapacidade.
Deste xeito, asignarase un número para participar no sorteo por cada solicitude recibida. No caso de presentarse a solicitude de participación conxunta optarán a praza ou a lista de agarda cun único número.
Porén, se non se cubren as prazas para unha actividade concreta non se realizará sorteo e asignaranse segundo a orde de entrada.
As actividades que irán a sorteo son as seguintes:
- Ximnasia acuática 1
- Ximnasia acuática 2
- Ximnasia de mantemento 1
- Ximnasia de mantemento 2
- Ioga
- Costura básica iniciación
- Costura creativa 1
- Conservando a memoria 2
- Competencias dixitais iniciación 1
O sorteo celebrarase mañá venres 06 de outubro de 2023 ás 13:00h no salón de actos do Centro Cívico-Social no Paseo do Malecón s/n de Monforte.
O procedemento a seguir no sorteo prazas será o seguinte:
1-Comezaremos a realizar o sorteo da adxudicación da praza reservada a persoas con discapacidade na actividade correspondente.
2- Unha vez adxudicada a praza e no caso de existir mais solicitantes con discapacidade incluiranse no sorteo xeral de prazas ordinarias.
3-Adxudicadas as prazas dispoñibles confeccionarase unha lista de agarda coas persoas non obtiveron praza que poderán ser chamadas cando haxa prazas vacantes por baixas das persoas participantes. Deste xeito procederase a chamar por orde na listaxe de agarda cun máximo de dúas chamadas realizadas en distintos horarios. No caso de imposibilidade de contacto, considerarase baixa por desistimento e polo tanto pasarase a chamar á persoa figure no seguinte posto.
Tras o sorteo procederase a publicar na páxina web e no taboleiro dos servizos sociais a listaxe de persoas con praza adxudicada e en lista de agarda así como as actividades con prazas dispoñibles.
No suposto de que non se cubran as prazas ofertadas nalgunha das actividades, poderase abrir un prazo extraordinario ata completar as prazas nesas actividades. Así mesmo, poderase anular o inicio dunha actividade se non se cubren o 75% das prazas ofertadas finalizado o período de inscripción. Antes de decidir anular unha actividade, desde os Servizos Sociais valoraranse alternativas có fin de promover a súa impartición.
Tendo en conta que existen prazas vacantes nalgunhas das actividades ofertadas procédese a abrir o prazo extraordinario de solicitudes do 16/10/2023 ó 20/10/2023. As persoas interesadas acudirán á Secretaría dos servizos sociais para que informen das plazas dispoñibles e formalizar a súa solicitude exclusivamente segundo o modelo establecido. Na asignación de prazas terase en conta a orde de entrada no Rexistro así como os seguintes criterios de prelación:
- Solicitantes en lista de agarda, logo da celebración do sorteo de prazas de actividades con máis demanda que oferta de prazas.
- Novas solicitudes de participación por persoas que non solicitaran no prazo ordinario.
- Solicitantes con praza concedida no prazo ordinario (segunda actividade).
Formulario_Inscricion_Programa_Activa_prazo_extraordinario.pdf