Monforte de Lemos, 20 de outubro de 2023. O Concelleiro de Obras, Medio Rural, Servizos e Medio Ambiente do Concello de Monforte de Lemos, José Luis Losada, participou hoxe no acto de presentación da 13ª edición do evento Cume tapas Exprés, certame organizado pola delegación en Monforte da Asociación de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo.
Estas xornadas gastronómicas desenvolveranse en 6 restaurantes e bares de Monforte dende este xoves 26 e ata o domingo 29 de outubro.
No acto de presentación do Cume Tapas, ademais do concelleiro, estiveron presentes o Concelleiro de Servizos, José Luis Losada, o vicepresidente da Asociación de Hostaleiros de Lugo, José Manuel Cela, a Xefa Territorial de Turismo da Xunta en Lugo, Paloma Vázquez, a Presidenta da Xunta Provincial de Lugo da Asociación Española Contra o Cancro, María Luz Abella, así como diversos membros da Corporación municipal, autoridades e representantes do sector hostaleiro. O acto foi presentado pola xornalista Manola Porto.
Na súa intervención, José Luis Losada destacou e agradeceu á Asociación de Hostaleiros de Lugo a recuperación deste certame gastronómico, logo da súa recuperación en 2022, tras suspenderse a súa celebración dous anos por coincidir coa incidencia da pandemia da Covid-19.
“Logo de máis dunha década de celebración” recordou o Concelleiro de Servizos, “o Cume Tapas está máis que consolidado e é xa un clásico, polo que quero trasladar a miña noraboa á Asociación Provincial de Empresarios da Hostalaría de Lugo, e especialmente á súa delegación da zona sur, cuxa sede atópase en Monforte de Lemos, e agradecerlle tamén o seu esforzo e seu traballo por manter esta cita”.
A representante municipal salientou que “aínda que Monforte xa é un referente do turismo gastronómico no interior de Galicia, a celebración do Cume Tapas vén a reforzar aínda máis esta realidade, e que entre todos seguiremos potenciando”.
Tamén explicou a Tenente de Alcalde que “a decisión de adicalo á loita contra o cancro de mama, dende o Concello parécenos unha decisión moi acaída, porque onte xoves vimos de celebrar o Día mundial contra o cancro de mama, e o Cume Tapas Exprés da así continuidade a esta conmemoración, poñéndose do lado de todas as mulleres que están a sufrir o sufriron esta enfermidade.”
“Por iso, dende o Concello unímonos hoxe a ese “Maratón gastronómico por elas” que figura como lema no cartel do Cume Tapas deste ano, e desexamos que sirva tamén coma homenaxe para toda aquela xente que traballa na loita contra o cancro de mama, que desgraciadamente é xa o tumor máis diagnosticado do mundo.”
Para rematar o representante do Concello animou tanto ós veciños da cidade como a todos os turistas e visitantes que nestes días se achegan a Monforte e á Ribeira Sacra a participar neste evento e degustar as orixinais elaboracións que conforman este Cume Tapas Exprés, “que proben unhas tapas diferentes e únicas elaboradas por 6 locais de referencia na hostalería da nosa cidade, e que estou seguro de que non lles van defraudar”.