Monforte de Lemos, 23 de novembro de 2023. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, comunicou a apertura hoxe do proceso de licitación para a adquisición dun novo furgón de atestados para a Policía Municipal “destinado a facilitar o desempeño das súas funcións e en concreto nas actuacións como confección de atestados por accidentes de circulación, controis de alcoholemia, controis de drogas, etc. que leva a cabo na vía pública”, sinala o rexedor monfortino.
O prezo de licitación para a compra deste novo vehículo municipal para a Policía Local estableceuse en 62.500 euros.
O prazo para a presentación de ofertas de licitación por procedemento aberto será dende mañá venres 24 de novembro e ata o mércores 13 de decembro.
A mesa única de contratación está previsto que se celebre o luns 18 de decembro ás 11:00 horas.
O prazo de entrega do vehículo será de 60 días a contar dende a data de formalización do contrato coa empresa adxudicataria.
“Con este novo vehículo”, destacou o Alcalde, “incorporaremos á flota de vehículos da Policía Local un novo furgón de atestados equipado con todos os elementos necesarios para que os axentes poidan prestar un servizo de calidade ós cidadáns de Monforte”.
Criterios de adxudicación
- Valoración económica: 80 puntos.
- Prazo de entrega: 20 puntos.
- Reducción entre 30 días e 25 días: 20 puntos.
- Reducción entre 24 días e 15 días: 10 puntos.
- Reducción entre 14 días e 5 días: 5 puntos.
Especificacións técnicas do novo furgón da Policía Local
O Alcalde explica que o que se busca dende o Concello é adquirir “un furgón adaptado para oficina móbil de atestados e informes, dotado de dúas zonas independentes separadas, sendo a dianteira destinada a pasaxeiros e traseira acondicionada como oficina. A parte dianteira estará dotada de dúas portas, unha cada a lado do vehículo, e a traseira dispoñerá dunha porta lateral corredeira polo lado dereito e portón ou dúas portas traseiras”.
Ten que ser un vehículo novo, diesel, cunha cilindrada superior ós 1.990 cm3 e unha potencia superior ós 80 KW, con tracción dianteira, caixa de cambios manual e un máximo de 6 velocidades.
A lonxitude total do furgón debe situarse entre o 5,4 e 5,5 metros, a anchura excluídos espellos, entre 1,95 e 2 metros, e a altura total, entre 1,9 e 2 metros.
O equipamento técnico mínimo será:
- Airbag frontal condutor e pasaxeiro
- Regulador/limitador de velocidade
- Roda de reposto
- Aire acondicionado e filtro antipolen
- Retrovisores exteriores con axuste eléctrico
- Retrovisores exteriores calefactables
- Volante regulable en altura e profundidade
- Peche centralizado
- Elevalunas dianteiros eléctricos
- Faros LED
- Apertura portas traseiras 180º
- Sistema antibloqueo de frenada (ABS)
- Asistente arranque en pendente (HAC)
- Control de traxectoria (ESP)
- Asistente de frenada de emerxencia
- Chave con apertura individual para zona traseira
- Dirección asistida
- Cinturóns de seguridade regulables en altura
- Asento do condutor con axuste en altura
- Banqueta de pasaxeiros fixa, con 2 prazas
- Porto USB
Acondicionamento para función de vehículo-oficina.
Para poder prestar os servizos de furgón de atestados, deberá estar adaptado como oficina móbil coas seguintes características mínimas:
- Recubrimento do chan con taboleiro e pavimento antideslizante de cor azul.
- Forrado interior con aillamento termo-acústico no revestimento.
- Mampara de separación entre a zona de condución e pasaxeiros e a zona traseira de oficina.
- Estribo xiratorio eléctrico e automático en porta corredeira dereita.
- Lunas en porta lateral corredeira e demais da zona traseira.
- Asideiro de entrada no pilar esquerdo da porta corredeira.
- Butaca independente no posto do axente.
- Papeleira na parte inferior do escritorio.
- Banco-arcón corrido contra tabique de separación dianteiro con espazo interior dispoñible para garda de material diverso.
- Dotación de mobles adaptados para uso como oficina, coas seguintes características básicas:
- Mesado en cruz para escritorio e ubicación de equipos.
- Porta-documentos superior.
- Porta-documentos extraíble.
- Dotación de caxoneiras segundo disposición.
- Acondicionamiento e deseño que permita a ubicación de ordenador portátil e impresora láser.
- Dotación dun espazo traseiro con acceso desde as portas traseiras acondicionado e con mobiliario para a garda de equipos e material non administrativo (caixa de ferramentas, cinta de balizamento, conos, sinais circunstanciais, …)
- Dotación dun extractor/ventilador de 12v no teito da parte traseira.
- Un ordenador portátil coas seguintes características ou superiores: procesador i5 1235U, 8 GB/ 512GB SSD, pantalla 15.6.
- Unha impresora láser B/N, A4, con función de escáner.
- Conexión WIFI 4G/5G de alta velocidade, incluída instalación.
Do mesmo xeito, constará coa correspondente Instalación eléctrica y de telecomunicaciones e o equipamento policial necesario incluído no prego de condicións, como lanternas, extintor, botiquín, soporte para cinta de balizamento, martelo rompe-cristais e corta-cinturóns, cinta métrica, pata de cabra, e unha caixa de ferramentas, entre outros elementos.
Tamén levará instalada a correspondente sinalización acústica e luminosa, segundo marcan as normas que rexen para este tipo de vehículos policiais.
O vehículo subministrarase con rotulación exterior segundo a Orde do 29 de decembro de 2010 pola que se establecen os elementos de configuración externa e o deseño para o marcado e rotulación dos vehículos a disposición das policías locais e vixiantes municipais na comunidade autónoma de Galicia, publicada no DOG núm. 1 do 3 de xaneiro de 2011.