O Equipo de Goberno entrega un recoñecemento institucional á ximnasta Polina Berezina, da selección española de ximnasia rítmica, que impartiu unha masterclass en Monforte

Monforte de Lemos, 17 de decembro de 2023. O Concelleiro de Deportes, José Manuel Mougán, e a Concelleira de Muller e Igualdade, Margarita López, clausuraron onte domingo a masterclass impartida no Pavillón polideportivo municipal de A Pinguela por Polina Berezina, ximnasta da selección española clasificada para os Xogos Olímpicos de París 2024, que compite na modalidade individual.

Os representantes municipais fixeron entrega á ximnasta dun trofeo conmemorativo da súa visita a Monforte, unha réplica da Torre da Homenaxe, e o libro da Historia de Monforte, de Germán Vázquez.

A masterclass foi organizada polo Club Quicela, e contou coa colaboración do Concello de Monforte.