Mañá xoves terá lugar no Multiusos o Festival de Nadal do Conservatorio Municipal do Concello de Monforte

Monforte de Lemos, 20 de decembro de 2023. Mañá xoves día 21 de decembro ás 20:00 horas, celebrarase no Auditorio do Edificio Multiusos de Monforte o tradicional Concerto de Nadal do Conservatorio Municipal Mestre Ibánez do Concello de Monforte.

O recital correrá a cargo do alumnado e profesorado do Conservatorio Municipal nas súas diversas especialidades e está dirixido a todo o público en xeral, sendo a entrada gratuíta.

As actuacións realizaranse en grupos de conxunto de guitarra, saxofón, violín, clarinete/frauta, percusión, vento metal (trombón/trompeta), así como coros e orquestra.

No concerto interpretaranse sobre todo temas de temática navideña, así como obras de autores clásicos e modernos.

 

Programa Concerto de Nadal

-Coro elemental: “Nadal en Luintra”,  Berrogüetto.

-Conxunto Percusión: “Jingle bells”, Arr. Javier Eguizábal e “Feliz Navidad”, Igor Escalona.

-Grupo de guitarras: ”Lady Madrid”, José María Conejo Torres.

-Orquestra elemental de violíns: “Twinkle Twinkle Little Star”, Popular.

-Grupo de saxofóns: “Moon River”, Mancini e “Santa Claus is Coming to Town” J. Fred&Gillespie

-Orquestra de violíns: “Hallelujah”, Haëndel.

-Conxuntos de piano: “Arabian Nights”, B.S.O. Aladín e “Boogie for two” Gerald Martin.

-Grupo de improvisación: “Spain”, Chik Corea e “All I want Christmas is you”, Mariah Carey. 

-Conxunto de clarinetes e frauta: ”Rodolfo el Reno”, J. Marks.

-Grupo de vento metal: “Last Christmas”, Wham.

-Coro profesional: “Carol of the Bells”, Popular ucraniano.

 

-ORQUESTRA:

El Lago de los Cisnes” 1º-2º, Tchaikovsky.

Frank Sinatra Hits Medle”, Arr. Naohiro Iwai.

Especial Navidad”, Poupurri popular.