Monforte de Lemos, 3 de xaneiro de 2024. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, asistiu na noite de hoxe ó concerto de Ano Novo da Orquestra Clásica de Vigo, organizado pola Sociedad Filarmónica de Monforte de Lemos, en colaboración co Concello de Monforte e a Deputación de Lugo, e que tivo lugar no auditorio do Multiusos.
No concerto, estivo acompañado polo Concelleiros de Servizos, José Luis Losada, Muller e Igualdade, Margarita López, Consumo, Regina López, e Novas Tecnoloxías, Guillermo Díaz.
A Orquestra Clásica de Vigo, dirixida polo ovetense Manuel Martínez Álvarez-Nava, interpretou en Monforte pezas de Bretón, Chueca, Alonso, Gounod, Herbert, Ketèlbey e Strauss.