O Concello de Monforte continúa co programa do Entroido 2024, celebrando o Xoves de Comadres mañá 8 de febreiro

Monforte de Lemos, 7 de febreiro de 2024. Mañá xoves 8 de febreiro, o Concello de Monforte continúa coas actividades programadas arredor do Entroido 2024, coa celebración do Xoves de Comadres, segunda cita do programa na cidade. Hoxe 7 de febreiro ás 2 da tarde remata o prazo para anotarse por parte daqueles colectivos e persoas que queiran inscribirse neste concurso.

Cabe recordar que para esta edición de 2024, dende o Equipo de Goberno decidiuse incrementar a partida de premios en 3.000 €, alcanzando os 21.000€, que é un 16,60% máis que en 2022 e 2023, anos en que foron repartidos 18.000€ en premios. “O obxectivo é animar á xente a que participe nestes concursos e contribúa ó éxito do noso Entroido” salienta o Alcalde, José Tomé Roca.  

Trátase da partida económica máis alta destinada polo Goberno de José Tomé  para os premios dos diferentes concursos do Entroido. “Incrementamos os importes en practicamente todas as categorías, e especialmente os premios ás Carrozas e ás Comparsas do Martes de Entroido”, subliña o rexedor monfortino, quen anima “a todos os monfortinos e monfortinas a participar nos diferentes concursos de Entroido que convocamos”.

 

Concurso do Xoves de Comadres

Para o concurso do Xoves de Comadres, a Concellería de Cultura de Monforte ten previstas tres convocatorias. Unha delas para os centros de ensino, outra para parroquias, barrios e rúas do Concello e por último, unha terceira de carácter individual, que concursará na Praza de España o propio xoves día 8.

Os criterios que seguirá o xurado para determinar os gañadores terán en conta a orixinalidade dos materiais empregados e tamén se vai valorar a montaxe, a elaboración e os materiais utilizados, o interese etnográfico e a crítica social. Cómpre destacar que cada un destes criterios terá unha valoración mínima do 10% e a máxima será do 25% do total da puntuación.

Os premios para cada unha das convocatorias son os seguintes, tendo unha partida máxima de 1.900€:

Individuais

1º premio: 75 euros

2º premio: 50 euros

Accésit: 25 euros

Colectivos

1º premio: 120 euros

2º premio: 95 euros

Accésit: 50 euros

Outros premios

-Premio á etnografía: 125 euros

-Premio á crítica social: 125 euros

As solicitudes para inscribirse no concurso do Xoves de Comadres terán que presentaranse no Rexistro Xeral do Concello ou a través da Sede Electrónica do mesmo, dende o día seguinte á súa publicación na páxina web do Concello. O prazo para facelo rematará o hoxe 7 de febreiro ás 14 horas.

Mañá xoves 8 de febreiro, desenvolverase o concurso de Comadres, nas distintas categorías descritas. A partir das 17:30 h., na praza de España de Monforte terá lugar a concentración de Comadres, a comunicación dos gañadores e gañadoras co concurso, e a queima dos monecos da Comadre oficial.

 

PARTICIPANTES DO CONCURSO DO XOVES DE COMADRES DO CONCELLO DE MONFORTE:

Participantes_Concurso_Xoves_Comadres_Concello_Monforte_2024.pdf