O Alcalde informa que a xustiza volve a darlle a razón ó Concello ante a empresa Alacer Ocio pola rescisión do contrato de xestión e explotación da piscina municipal de Monforte en 2020

Monforte de Lemos, 12 de febreiro de 2024. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, informa que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, ven de ditar unha nova sentencia favorable ó Concello de Monforte fronte ó recurso de apelación  interposto pola empresa Alacer Ocio y Deporte S.L., ante a rescisión do contrato de xestión e explotación da piscina municipal climatizada, dos servizos de cafetería e demais incluídos na instalación, e das pistas de tenis municipais da Pinguela, rescisión que o Concello adoptou o 26 de outubro de 2020, ante “ante as graves perturbacións do servizo ocasionadas pola xestión empresarial que leva a cabo o contratista”.

En concreto, a empresa Alacer Ocio y Deporte SL, anterior concesionaria deste servizo, alegaba, para avalar a súa postura, que ”deben prevalecer las consideraciones del informe pericial que aportó a la primera instancia, del Sr. López Fernández, que entiende en resumen que las faltas de mantenimiento que podía haber, no impedían el correcto funcionamiento de la instalación, habiéndose reparado todo aquello que pudiera afectar al adecuado funcionamiento”.

Ante esta postura, a defensa do Concello monfortino aduciu “…que por lo que hace a las deficiencias detectadas en el mantenimiento de los servicios incluidos en la instalación, dice que la apelante avala su postura con un único informe pericial, pero obvia el resultado del conjunto de las restantes periciales practicadas, que aprecian que las deficiencias de mantenimiento y conservación no son de escasa entidad sino que son graves, y además, pueden afectar a la seguridad tanto de los usuarios como de los trabajadores de esas dependencias”.

Ante esta decisión do Concello de rescindirlle o contrato, a empresa presentara xa outro recurso contencioso-administrativo, que perdeu ante o Concello monfortino, tal e como se recolle na sentencia desestimatoria do 20 de xuño de 2023, do Xulgado de lo Contencioso-Administrativo número 1 de Lugo ditada no PO 270/20.

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ratifica na súa sentencia de 5 de febreiro de 2024, a decisión do Xulgado de lo Contencioso-Administrativo número 1 de Lugo, baseándose en “varios informes tanto en la vía administrativa como en esta judicial, que consideramos que la Juzgadora ha valorado conforme a la sana crítica (art. 348 de la LEC), sin que en esta valoración se detecte que sus conclusiones sean arbitrarias o irrazonables, bien al contrario, el Juzgado da preferencia al parecer de la Administración Local y reputa las deficiencias como de entidad suficiente como para ser causa de extinción contractual por causa de resolución culpable imputable al contratista”.

Así, a sentencia tamén resalta as graves deficiencias no cableado e conexionado de diversos aparatos das instalacións, que son deficiencias graves porque “su falta de mantenimiento pone en grave peligro a las personas y usuarios”, así como a ausencia de traballos de mantemento e revisión das diferentes instalacións por parte da empresa adxudicataria.

O Alcalde manifestou a súa satisfacción porque o “TSXG desestimou o recurso de apelación promovido por Alacer Ocio, e ratifica por tanto a sentencia de 2023 do Xulgado do Contencioso-Administrativo núm. 1 de Lugo, que xa desestimara o recurso presentado por esta empresa, e que, polo tanto, volve a darnos a razón ó Concello.”

 

Antecedentes

A adxudicación contrato inicial da piscina municipal de Monforte produciuse o 31 de marzo do ano 2011, e se lle adxudicou ó Grupo Pazos. E posteriormente, por problemas que tivo dita empresa e que a levaron a concurso de acreedores, produciuse unha cesión do contrato de xestión á empresa Alacer Ocio, o 10 de xuño de 2015.

O Alcalde recorda que “dende o inicio do contrato, e tamén dende a cesión, producíronse diferentes situacións dunha mala xestión dun servizo público municipal en varias direccións, que afectou tanto ós usuarios como ás relacións laborais difíciles e precarias nalgúns casos, con débedas de salarios, débedas á Seguridade Social, á Facenda e incluso débedas a provedores”.

Deste xeito, diante destes incumprimentos reiterados por parte da empresa xestora, o 11 de marzo de 2020, a Xunta de Goberno Local acordou facer efectiva a intervención do servizo, “motivada polas graves perturbacións xeneralizadas do servizo ocasionadas pola xestión empresarial que leva a cabo o contratista”.

Ese mesmo día, a Xunta de Goberno Local nomeou como interventor da piscina ó Técnico Municipal de Deportes, Óscar Rodríguez Pérez, quen se encargou da normalización do servizo, pagando débedas e salarios.

Tras a intervención municipal da piscina encargouse a xestión da piscina á empresa pública Tragsa, a través dunha das empresas do Grupo Tragsa, chamada Tragsatec, que se encarga de levar a cabo asistencias técnicas como a que ten que ver neste caso coa piscina municipal. Tragsatec fíxose cargo do servizo o 27 de outubro de 2020.