O Servicio de Prevención de Drogodependencias edita un novo número do BOLETÍN FAMILIAR. ABRIL 2024
O Boletín Familiar é unha iniciativa do servizo de prevención da Unidade Asistencial de Drogodependencias, adscrita á concellería de Sanidade. Nesta ocasión leva por título:
“A IMPORTANCIA DOS LÍMITES E RUTINAS NA FAMILIA"
Os nosos fillos necesitan sentirse seguros e protexidos en familia para que poidan sentirse ben. E para iso é fundamental que a dinámica familiar funcione ben con rutinas axeitadas e límites respectuosos.
Estas rutinas e límites, ademais de facilitar un bo funcionamento no fogar, axudaranos a prever, evitar ou reducir a aparición de diferentes conflitos e conseguirán que cada membro da familia saiba o que se espera del. Deste xeito, iremos creando máis e mellores familias e iremos ensinando aos máis pequenos da casa a colaborar e cooperar en familia.
Si tedes interés en consultar o boletín completo podedes facelo a través da páxina do Concello de Monforte. (Área de sanidade, UAD, apartado Boletín familiar) ou na nosa páxina de facebook:
https://www.facebook.com/UnidadAsistencialDrogodependencias/?ref=hl
Como sempre, estaremos á vosa disposición na nosa dirección habitual.
Tamén poderedes formular as vosas dúbidas no número de Whats App 604 059 719 ou a través da páxina do Concello, na sección de Sanidade, aí atoparedes un formulario para remitirnos a vosa consulta neste enlace.
Tamén probablemente o atopedes nas páxinas web dos vosos colexios, pois nós remitímosllos a eles con esa intención.
Para mais información:
Unidade Asistencial de Drogodependencias
Praza da Estación - 17
MONFORTE DE LEMOS (LUGO)
Tlf. 982 40 04 95
Nº Rex. C-27-000100
e-mail: uad@concellodemonforte.com