Monforte de Lemos, 6 de abril de 2024. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, , foi homenaxeado na tarde de hoxe polo Club Korbis, que lle fixo entrega dun trofeo conmemorativo en agradecemento “pola súa implicación co deporte base da cidade de Monforte e polo seu apoio mostrado ó voleibol”.
O Executivo de José Tomé destina ó Club Korbis axudas por un total de máis de 16.000€, ademais de colaborar con trofeos e medallas nos distintos campionatos locais que organizan ó longo do ano
Ademais, o Alcalde aposta decididamente pola promoción do deporte monfortino, xa que nos orzamentos deste ano 117.040€ en axudas ordinarias para os clubs monfortinos, 10.000€ en axudas para deportistas individuais, e 12.000€ para a participación en campionatos de España, europeos ou mundiais.
A homenaxe ó rexedor monfortino tivo lugar durante a celebración da festa organizada polo Club Deportivo Korbis para homenaxear ós xogadores e xogadoras dos diferentes equipos de voleivol que o conforman. Esta tivo lugar na tarde de hoxe no pavillón polideportivo da Pinguela, e no acto o Alcalde estivo acompañado pola Tenente de Alcalde, Gloria Prada, e polo concelleiro de Deportes, José Manuel Mougán, así como directivos e entrenadores deste club de voleibol.
Deste xeito, dende as 17 horas, o remodelado Pavillón polideportivo municipal de A Pinguela, acolleu unha xuntanza á que acudiron, ademais dos deportistas e diferentes membros do club, pais, nais, familiares, simpatizantes e colaboradores, entre os que se atopa o Concello de Monforte.
No transcurso do acto, foron presentados ante familiares e amigos os distintos compoñentes de cada un dos equipos, masculinos e femininos, e por categorías coas que conta este clube deportivo monfortino, que recibiron o recoñecemento que se merecen pola gran temporada regular que fixeron e polos éxitos acadados, e que remata esta fin de semana.
Tras este recoñecemento, disputáronse dous partidos co Clube Voleibol Cambados, nas categorías alevín e cadete feminino.