O Alcalde inviste máis de 18.000€ para dotar de nova iluminación ós aparcamentos do complexo deportivo de A Pinguela

Monforte de Lemos, 9 de abril de 2024. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, deu a coñecer hoxe un novo proxecto que contribuirá a mellorar significativamente a iluminación da zona de aparcamentos do complexo deportivo de A Pinguela, “na que non había iluminación, concretamente entre o Pavillón polideportivo e o Campo de Fútbol, nin entre Pavillón e as pistas de tenis, nin nos aparcamentos que dan á estrada de Sober”.

Trátase do proxecto de iluminación da zona de aparcamentos, tanto a que da á estrada de Sober como os aparcamentos situados nos exteriores do Campo de fútbol, da piscina e do polideportivo. Para elo, o  Executivo de José Tomé destinou máis de 18.000 € (18.053,20€).

“Con este proxecto de iluminación dos estacionamentos desta zona, e unha vez se remate a mellora dos aparcamentos e reordenación do tráfico, así como a mellora integral da piscina, esta zona da cidade completará a súa transformación, posto que xa levamos a cabo a mellora das súas rúas, o novo parque Covas-Pinguela, o novo Pavillón polideportivo municipal, ou as melloras do Campo de Fútbol. So quedará por arranxar as pistas de tenis, algo que temos xa en proxecto”, salientou o Alcalde.

 

Mellora da iluminación dos aparcamentos da Pinguela

As actuacións consistirán na instalación de 7 columnas galvanizadas de 8 metros con cimentación, de 3 columnas galvanizadas con dobre brazo sen cimentación e 12 novas luminarias Essence de 70w.

O proxecto inclúe tamén toda a canalización do cableado sobre terra e asfalto, empregado cable modelo Rv 2x6 e 1x16 T/T. 

Con esta actuación completarase a transformación deste espazo da cidade, xa que se une ós proxectos xa anunciados polo Alcalde de mellora de todo o espazo destinado para estacionamento deste complexo deportivo da Pinguela, e o arranxo integral da Piscina municipal.