Monforte de Lemos, 27 de abril de 2024. O Concelleiro de Deportes, José Manuel Mougán, fixo entrega na mañá e na tarde de hoxe das medallas correspondentes ó XV Torneo Val de Lemos Ximnasia Rítmica, que se celebrou no Pavillón polideportivo municipal de A Pinguela.
Esta foi a decimo quinta edición deste Torneo de ámbito autonómico, que estivo organizado polo Club Quicela, no que participaron, ademais do clube monfortino, clubes chegados de toda a comunidade galega e cun total de 460 ximnastas dos niveis B, escolar, promoción e prebase.
O evento contou coa colaboración do Concello de Monforte de Lemos.