O Concello de Monforte da a coñecer a programación coa que conmemorará mañá o Día das Letras Galegas na Casa da Cultura

Monforte de Lemos, 16 de maio de 2024. O Concello de Monforte de Lemos, a través da súa concellería de Cultura, conmemorará mañá o Día das Letras Galegas deste ano 2024, que está adicado a Luísa Villalta Gómez.

Dentro da programación adicada a celebrar esta data tan significativa para a nosa comunidade, o Concello está a desenvolver un completo programa de actividades dende o 9 ata o 28 de maio.

Deste xeito, mañá venres 17 de maio, a programación ideada arredor do Día das Letras Galegas culminará coa celebración do Festival Letras Galegas 2024 na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro a partires das 12:00 h.

O Festival abrirá coa intervención institucional do Alcalde da cidade, José Tomé Roca.

Trátase dun festival musical, dirixido a todos os públicos e de carácter gratuíto, e que contará coas actuacións dos seguintes grupos:

  • Asociación Cultural Amigos da Pandeireta de Monforte.

 

  • Coral Polifónica do Concello de Monforte.

 

Programa do Festival Letras Galegas 2024

Asociación Cultural Amigos da Pandeireta de Monforte

  • Qué dirán ....................................... Popular
  • As Sachadeiras e o Trastallo .......... Popular
  • A Trullada da Vendima .................. Popular
  • Xota de Mesía ................................ Popular
  • Foliada do Cabe .............................. Letra e Música: Xose Luis Cofán Vidal

Dirixe: Xosé Luís Cofán Vidal.

Coral Polifónica do Concello de Monforte

  • No niño novo do vento ....Texto: A. Cunqueiro - Música: Luis Emilio Batallán
  • Cada noite .........................Texto: Rosalía de Castro - Música: Julio Domínguez
  • Rodaballo ..........................Popular galega
  • Meu amor mariñeiro.........Texto: Manuel Alegre e Lois A.Pousa-Música: X.L.Ribas
  • Se chove .............................Popular galega

Director: Fernando Samartino Pérez

Acompañamento Piano: María Quiroga

 

Ademais, dende onte, a sala de exposicións da Casa da Cultura acolle unha exposición con 10 paneis adicados á escritora coruñesa homenaxeada este ano, e que poderá visitarse ata o 28 de maio.

O Alcalde anima a todos os monfortinos e monfortinas a participar e a desfrutar de Festival de Música protagonizado por músicos monfortinos.