A Tenente de Alcalde e o Concelleiro de Servizos participan na presentación do libro “Monforte 1951-52” de Xosé de Valbuxán

Monforte de Lemos, 24 de maio de 2024. A Tenente de Alcalde do Concello de Monforte, Gloria Prada, e o Concelleiro de Servizos, José Luís Losada participaron na presentación do libro “Monforte 1951-52” de Xosé de Valbuxán, que tivo lugar no salón de actos do Real Colexio Padres Escolapios.

O acto encadrouse dentro dos  actos de celebración do 150 aniversario da chegada dos Escolapios a Monforte.

Trátase dun libro póstumo dun ex alumno deste centro, José Porto García. Recoñecido pintor e escritor valdeorrés que asina os cadros como YOSSO e os libros como Xosé de Valbuxán e que finou en 2019. O que se presenta foi o último libro que escribiu e que xa non puido publicar.

Editouse agora para sumarse á celebración dos 150 anos da orde Escolapia en Monforte, a través de Agrasar Editores. Un libro no que narra os escasos dous anos que pasou interno neste colexio onde daba clases un tío seu, o Pai Vicente García, e que adica a un dos escolapios que había aquí daquela, o Pai Santiago.  Xosé Porto chegou a Monforte cando lle faltaban 5 meses para cumplir 9 anos e aquí permaneceu ata completar o curso 1951 1952.

Recolle o libro vivenzas daqueles anos que nos van ensinando tamén como era a vida no Colexio e como era o Monforte dos anos 50 d o século pasado.