Monforte de Lemos, 28 de maio de 2024. A Tenente de Alcalde, Gloria Prada, deu a benvida ós 30 participantes na xuntanza que o Grupo temático de Turismo do Eixo Atlántico celebrou no Edificio Multiusos, coa colaboración do Concello de Monforte.
A xuntanza foi presidida pola Tenente de Alcalde, en nome do Alcalde, José Tomé Roca, e ó que desculpou debido a que non puido acudir pola súa axenda coma presidente da Deputación de Lugo. Tamén foi presidida polo secretario xeral do Eixo Atlántico, Xoán Mao.
Na súa intervención, Gloria Prada, deu á benvida á cidade, destacando que é Capital da Ribeira Sacra, e detallou ós principais recursos patrimoniais e gastronómicos da zona, animando ós participantes a descubrila, nesta ou noutra ocasión.
O Grupo Temático de Turismo do Eixo Atlántico reuniuse en Monforte de Lemos para decidir cal sería a sede da VIII edición de Expocidades, a feira de turismo de proximidade do Eixo Atlántico.
Tras a presentación das candidaturas, decidiuse que Sarria, principal punto de partida do Camiño de Santiago Francés, acollerá a VIII edición de Expocidades en maio de 2025.
Amarante, cidade creativa da UNESCO, será a sede de IX edición de Expocidades en setembro de 2026.
Durante a xornada, desenvolvéronse os novos conceptos de turismo: de autor e policéntrico. Esta iniciativa ten como obxectivo prever os impactos negativos sobre o medio ambiente e o patrimonio provocados por unha inadecuada xestión turística.
Así mesmo, na reunión presentouse a plataforma dixital da guía turística do Eixo Atlántico. Nela, o usuario poderá acceder a información de interese dos 39 municipios e dúas deputacións do Eixo Atlántico: mercados, cultura, festas, patrimonio, natureza, termalismo, gastronomía e deportes.
Ademais do Concello de Monforte, tamén participaron representantes dos concellos galegos de A Coruña, Carballo, Culleredo, Ferrol, Lugo, Narón, O Barco de Valdeorras, Ourense, Ribeira, Santiago de Compostela, Sarria e a Deputación de Lugo.
Dende Portugal participaron os concellos de Amarante, Barcelos, Braga, Bragança, Esposende, Fafe, Felgueiras, Guimarães, Maia, Matosinhos, Póvoa de Varzim, Santa María da Feira, Valongo, Viana do Castelo, Vila do Conde, Vila Nova de Famalicão e Vila Nova de Gaia.