O Concello informa que mañá venres, día 31 de maio, permanecerá pechada a oficina de atención ao cliente de Aqualia

Monforte de Lemos, 30 de maio de 2024. O Concello de Monforte, informa de que este venres, día 31 de maio, a oficina de atención ao cliente de Aqualia (rúa Ourense, 15) permanecerá pechada por motivo da celebración da Patrona da Auga, Nosa Sra. Da Luz.

A concesionaria do Servizo de Abastecemento e Saneamento de Augas do Concello de Monforte de Lemos, quere informar que para xestións, consultas ou avisos, o abonado seguirá tendo á súa disposición:

  • O teléfono de Atención ó Cliente: 900 813 357.
  • O teléfono de Avarías: 900 813 047 (as 24 h do día os 365 días do ano).
  • E o teléfono de entrega de lecturas: 900 813 048.
  • Ademais da oficina virtual, na páxina web: www.aqualia.es.